29M Folga Xeral


Tan só tres meses abondaron ó novo goberno pra desmantelar dereitos sociais e laborais acadados tras decadas de loita. A agresividade das politicas neoliberais en toda europa esta a destruir aquilo que se deu en chamar "estado do benestar" a unha velocidade abraiante.

Estas son as consecuencias dun modelo de sociedade que durante decadas fomentou o consumismo, o individualismo, a competitividade e a ostentacion como forma de vida, destruindo aquilo que nos fortalecía e nos permitia facer fronte ás agresions: a solidariedade, os vinculos sociais, e o apoio mutuo. Polo tanto ese "estado do benestar" forma parte da destruccion programada da capacidade de resistencia da sociedade.

A convocatoria dunha folga xeral o proximo 29 de marzo e unha oportunidade pra participar nunha xornada de loita polos nosos dereitos , romper a dinamica de desmovilizacion na que se encontra sumida a sociedade e recuperar as practicas solidarias e combativas.

Chamamos á participacion activa na folga de todolos sectores da sociedade. É o momento de dar unha resposta contundente ás agresions do capital e o estado.

Xira de Pedro García olivo por Galiza

Published in

pgo.jpg Pedro Garcia Olivo estará estes días por Galiza facendo unha xira na que departirá sobre educación aportando a súa visión crítica e analizando outras formas de educación fora do marco institucional.

O programa de charlas é o seguinte...

6 marzo - Compostela, Biblioteca anarquista Ghavilla (rúa Puente la Reina nº 8), ás 20h
7 marzo - Ourense - facultad de Ccs de la educación. Campus As Lagoas de Ourense (facultade de ferro), 2.4 (2ºandar) do campus universitario As Lagoas ás 19 horas
8 marzo - Vigo - Cova dos Ratos. C/ Romil 3,
9 marzo - Ponteareas - centro social autoxextionado O Fresco (á beira da ponte romana) ás 21h
10 marzo - No Espazo libertario - Avda. Esteiro 10, bajo - Ferrol - ás 20:00
11 marzo - C.S.O. Palavea (c/Río Quintas 31, A Coruña) a las 18:30

Máis info
http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com/

"Meighacks" Hackmeeting 2011



large_hakmitin_2.png
Aquí tedes a presentación que o MeigHacks (nome que este ano adopta o Hackmeeting) fai de si mesmo:

Hackers, hacktivistas, nerds, lurkers, hobbistas da tecnoloxía, geeks e otras «meigas» vólvense por mans á tecla para, bit a bit e ping a ping, implementar outro Hackmeeting.

Un encontro que, entrecruzando os fíos do social, o tecnolóxico e o político, constrúe durante unha fin de semana autoxestionada e libre,
unha nova forma de crear, de relacionarse, de gozar compartindo e aprender ensinando.

Tres dias de autoxestión, autoorganización, circulación libre de saberes, hacktivismo, ciberactivismo, ética hacker, apropiación dosmedios de produción, media libre, software libre, hardware libre, autonomía, p2p, guifi.net, redes libres, entre outros.

CSO Palavea, 21 ao 23 de Outubro en A Coruña.


¿Qué é Hackmeeting?

Hackmeeting é un encontro libre e *autogestionado que vira ao redor das novas tecnoloxías, as súas implicacións sociais, a libre circulación de saberes e técnicas, a privacidade, a creación colectiva, o conflito *telemático... Está destinado a todo tipo de persoas que teñan unha mente aberta e curiosa, con ganas de compartir as súas experiencias e vivilo participando na coordinación como unha máis. Algunhas charlas e talleres esixen coñecementos informáticos avanzados, outros non; e outros nin informáticos.

Para conocer mellor este encontro podes leer os Manifiestos ou as preguntas frecuentes, ver estos videos, consultar o Archivo ou as webs de anteriores edicions: 2010, 2009, 2008, 2007, 2006, 2005, 2004, 2003 2002, 2001, 2000.

Información sobre o desaloxo e actividades CSO Casa das Atochas


Data: martes 12 de abril
Hora: 20.00 horas
Espazo: Obelisco

CONCENTRACIÓN/CACEROLADA

Data: sábado 16 de abril
Hora: 18.00 horas
Espazo: Campo da leña

MANIFESTACIÓN en repulsa do acontecido hoxe.

A Coruña, 12 de abril de 2011

enlace vídeo: http://vimeo.com/22285431

Contra a intervención militar en Libia...

Published in


bombaslibia.jpgCoa resolución adoptada polo Consello de Seguridade da ONU recentemente estase a producir a  intervención militar en Libia. Temos que berrar NON á esta guerra do mesmo modo que berramos contra a guerra de Iraq ou de Afganistán. E temos que dicir NON porque as implicacións de fondo e a hipocrIsía son as mesmas. Son os mesmos tamén os executores que dende as Azores claman "xustiza infinita" coa boca chea de liberdade e democracia para o pobo. E dicimos NON a esta guerra como a calquera outra, NON á aberración e a morte sexa onde sexa.

Na cerimonia da confusión que se vive nos medios de comunicación e nas redes a estratexia parece clara. Fronte a liña dura impulsada por Bush na "guerra contra o terror" a retórica branda da "alianza de civilizacións" foi recollida por Obama como modus operandi para o mesmo fin. Tomar o control estratéxico dunha zona rica en recursos e asegurar o subministro de petróleo e gas nun momento de alza de prezos que pon en xaque á recuperación económica. Nun momento no que diversos  informes da defensa occidental recoñecen que está a piques de producirse unha crise de produción polo esgotamento de recursos e polo engano descuberto nas reservas atribuídas a Arabia Saudí.


Non imos defender a ditadores como Gadafi nin a ningún outro, da mesma forma que queremos demoler tamén este sistema capitalista depredador e opresivo. Pero temos que recoñecer que o fixeron bastante ben. Convenceron a moita xente de que as ansias de democracia e liberdade que se expresou nas recentes revolucións no norte de África xustifican a actual intervención militar. A estratexia e coartada son perfectas. Onde a revolución triunfou están a meterse a saco para que a "transición democrática" quede como lles interesa. En Libia, o amigo Gadafi é agora un demo con cornos e rabo.


O que realmente acelerou a decisión na ONU foi a recente amaza de Gadafi de pechar a billa e o negocio as petroleiras occidentais que se levan o 80% do pastel. REPSOL, BP, ExxonMobil, ENI. TOTAL.... Xusto as dos países implicados. E non o poden permitir. As armas que lle venderon e os apretóns de mans para a foto dan paso ás bombas que lle regalan.

O sistema o controla todo e no taboleiro de xadrez da xeopolítica disfrazase a realidade ao gusto do consumidor. Para sobrevivir e non caer desmoronado, para morrer matando. As aparencias enganan e as letras minten. Todo é un espellismo á medida do rei nu. Nos despachos soterrados as pezas móvense e a información chega. E lánzanse operacións caladas para transformar a realidade. Para montar as coartadas necesarias...

Nos abrimos os ollos e berramos con forza!!

NON á intervención militar en Libia!

O futuro que queren para nós e a folga que non quería ninguén:


folgaDende o 29 de setembro, no que se levou a cabo a última folga xeral, o continuo recorte de dereitos laborais e sociais que a motivaron non cesou, é máis, á reforma laboral de entón (en realidade de meses antes) súmase agora a xa anunciada reforma das pensións, sendo a claudicación por parte dos "interlocutores sociais" que en teoría representan á Clase Traballadora cada vez máis evidente, semellando estar máis pendentes dos cartos que lles reparte o Goberno "en función sa súa representatividade", de saír guapos na foto ou do que pensaría Obama de isto que do que en realidade nos preocupa e castiga @s traballador@s.

Así, a renovación das axudas aos sindicatos coinciden coa desaparición da axuda dos 426 euros ás persoas desempregadas sen ingresos, das axudas á maternidade, coa conxelación das pensións e dos "reducidos" salarios d@s funcionari@s (as comiñas non teñen intención irónica, é que os salarios d@s funcionari@s foron reducidos o pasado ano e agora "hiperconxelan" os salarios xa reducidos), coa realidade do paro afectando a millóns de persoas (4.100.073 ao peche de 2010, segundo datos oficiais, máis os que o sofren en silencio ou son apartados das estatísticas por fins cosméticos)... estando enmarcadas, pois, nun escenario de derrota.

¿Derrota de quen? Pois derrota, en xeral de todo o mundo; non dos bancos (o Banco Santander obtivo no primeiro trimestre de 2010 un beneficio atribuído de 2.215 millóns de euros, cun aumento do 6%, segundo publicaron fachendosamente en nota de prensa), nin dos burócratas sindicais (pese a que eles non proclaman eses aumentos de beneficios), nin d@s polític@s de calquera partido, que non ven perigar o seu presente nin o seu futuro (véxase senón a mamella de 126.500 euros ao ano que lle vén de caer ao ex-presidente González, chámalle X); iso si, non a podemos considerar unha derrota do sindicalismo como estratexia organizativa d@s traballador@s en defensa dos seus dereitos, nin sequera como unha derrota da Clase Traballadora, sendo que a reforma que pretenden para nós vai afectar a traballador@s sen conciencia de clase e incluso a aquel@s desclasad@s que por te-lo Plus no salón falan (mal) d@s obreir@s como seres mitolóxicos, pasados de moda, suxos e vulgares. Porque unha sociedade próspera soamente o pode ser coa prosperidade d@s sú@s membr@s, porque os números das estatísticas oficiais non teñen nada que ver coas nosas vidas nin as nosas aspiracións, porque nada importa que haxa ou non rescate á economía dun país (corta por onde queiras) se as economías d@s sú@s habitantes están polo chan, porque non se pode falar de idade xubilación cando o cotián é o desemprego...

Convocada XI MARCHA contra a PRISOM de TEIXEIRO


Tirado de galiza.indymedia.org:

A marcha à prisom de Teixeiro auto-organiza-se todos os anos desde as greves das prisoes do 2000. Pedimos (entre outras):
Aboliçao do FIES
Excarceramento de pres+s com enfermidades
Excarceramento de pres+s com 3/4 partes da condea cumprida
Fim da disperssao.

http://www.facebook.com/topic.php?topic=190&post=532&uid=184603284890456

XI MARCHA à PRISOM de TEIXEIRO
sábado, 18 de dezembro · 17:00 Gasolinheira de Teixeiro direiçao Paradela Estrada Nacional Uvieu (Oviedo) N-634
http://www.facebook.com/event.php?eid=170689802970894

http://prod.galiza.indymedia.org/gz/2010/12/24899.shtml
http://abordaxerevista.blogspot.com/2010/12/marcha-teixeiro-2010_15.html
WWW:: http://www.facebook.com/event.php?eid=170689802970894
ABAIXO OS MUROS DAS PRISOES!!

Contra o desaloxo da Casa das Atochas


.: 

A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.

Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.

Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.

Atentxs, pois seguiremos informando

Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!

Distribuir contenido