- [Ascó | TGN] Participación libertaria y de la CNT en la manifestación anti cementerio nuclear en Ascó
- Convocan una asamblea ante la petición de 10 meses de prisión a dos marineros por el “caso Massó”
- Cultivar la tierra para protegerla
- ” El reciclaje no es una solución, es un complemento”
- Ence pide un plan para reforestar un tercio de Asturias con eucaliptos y otras especies
Ecoloxía
Corrupción forestal no Courel
Todo o territorio do Concello do Courel está protexido pola Rede Natura e polas normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento Provincial, é un espacio natural coa máxima protección ambiental e urbanística.
Esta protección foi motivada polo excelente estado de conservación e a biodiversidade dos seus montes, cheos de hábitats prioritarios e de hábitats interese comunitario, conformando unha paisaxe única. (more…)
Unha agresión intolerábel: a mina de andalucita n’As Pontes bota a andar
Se alguén pensaba que en materia medioambiental a permisividade do goberno anterior xa era de por si nefasta, agora o goberno do Partido Popular demóstranos que as agresións ao territorio aínda poden acadar cotas máis elevadas de destrución. (more…)
Número sete da revista electrónica Cos Pés na Terra
Xira europea de Daniel Luna, activista do FNLS
Amarante e Verdegaia botan o peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar"
Costas ameaza os valores naturais das LIC Brañas de Laiño
Pacto polo territorio e caos lexislativo
Nas últimas semanas vimos ollando estupefactos o caos procedimental e lexislativo despregado pola actual administración galega en todo aquelo que teña que ver co territorio, coa súa (des)ordenación e coa xerarquización do corpus lexislativo e normativo nun asunto fundamental e de difícil volta atrás como é definir e regulamentar os usos, prohibicións (si, señor Hernández e Feijoo, a xestión do territorio non se reduce a “ordenar” senón tamén hai que prohibir se queremos salvar o pouco que queda) e autorizacións do conxunto do territorio.Velaí o eixo básico dun concepto do territorio ollado dende a sustentabilidade: o conxunto, a transversalidade e a ollada global sobre o mesmo, do amplo ao concreto (more…)
VIGO: 9º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
Vigo, Sábado 13 de Marzo:
Ás 00:00 h. na Sala A Farándula (Praza de Portugal)
Actuarán:
* Traspés Gaiteir@s e pandereteir@s
* O Tear de Llerena Pandereteir@s
* Gendbeat Beatbox/birimbao
* Os Vacalouras Pataca and roll
* Leo e Gabi Música tradicional
Colaboración 3 Euros
É hora de paralizar as agresións á nosa Terra!
É hora de empezar a liberar esta sociedade, que leva anos secuestrada, para que participe nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.
Chegou a hora da demolición, de todas as aberracións urbanísticas, naves empresariais, paseos de formigón no litoral, recheos e portos deportivos, industrias perigosas e contaminantes…
É hora de que se respecte a biodiversidade da nosa Terra, o medioambiente e a paisaxe.
É hora de que se deixen de privatizar os servizos sociais. É hora de parar a especulación.
É hora de fazer respetar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.
Non vamos consentir máis agresións á nosa Terra.
Non vamos consentir que sigan destruíndo, privatizando ou especulando coa nosa Terra, cos nosos montes, co noso mar, coa nosa paisaxe, nin coa nosa forma de vida.
Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!!!
O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO
aś 12:00 desde a Alameda.
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do terrtorio.
Pola soberania alimentaria e enerxética.
Por outro modelo de transporte.
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/
Verdegaia presenta alegacións ao proxecto nas fervenzas de Tourón (río Cerves, Melón, Ourense)
Alegacións de Fusquenlla ao PXOM de Pontedeume (II)
5.- Errónea clasificación do solo
A clasificación como solo urbano consolidado en varios zonas non se axusta á LOUGPMR e mostra unha enorme discrecionalidade. En ocasións clasificase como urbano consolidado zonas alonxadas do núcleo e con necesidade de procesos de execución integral e procesos de equidistribución e reparcelamento entre propietarios, pero outras, mais próximas, clasifícanse como solo urbano non consolidado.
Tampouco se xustifica a inclusión de Ver e Arbosa como solo urbano, como xa ditaminou a Xunta de Galicia no informe previo. (more…)
A Natureza queda fóra do Pacto de Estado
Alegacións de Fusquenlla ao PXOM de Pontedeume (I)
Esta é a primeira parte do resumo que iremos publicando coas alegacións entregadas hai uns días no Concello.
A súa aprobación inicial, en novembro do ano pasado, supuxo a culminación dun proceso que estivo rodeado de trabas, torpezas e oscurantismo. O apoio prestado polos partidos da oposición ao documento e a opinión do alcalde acerca do desinterés da cidadanía polo Plan foron parte da campaña oficial para fomentar o desinterese e a desinformación entre a cidadanía. (more…)
Xornadas sobre o Decrecemento en Vigo, 6 e 7 de Marzo
Desmontando a Luis Lamas, presidente de SOGAMA
Monteferro no Avance do PXOM: cemento, ladrillos e area
O pasado sábado Salvemos Monteferro fixo pública unha nota de prensa na que daba conta da sorpresa e indignación que supuxo para este colectivo o Avance do PXOM de Nigrán, onde se contempla a cualificación como “zona urbanizable” para 20.000 m2 dese espazo natural senlleiro da Ría de Vigo.
Isto sucede cando o Consello Sectorial (no que está integrado o propio colectivo con máis de 20 asociacións de todo o concello) acababa de presentar as súas propostas nas que se reclamaba a maior protección para Monteferro, así como restrinxir ao máximo a construción de novas edificacións e infraestruturas na zona litoral.
Salvemos Monteferro naceu hai catro anos para parar un intento de urbanización do monte. Desde aquela choveu moito. Gañamos aquela batalla e, pouco despois, xunto ás asociacións veciñais de Nigrán, botamos abaixo un PXOM que apestaba a corrupción (aínda queda por aquí un resto daquel cheiro fedorento). Unha revolta popular pola que moit@s veciñ@s e compañeir@s pagamos un alto prezo.
Logo houbo eleccións e o PP foi derrotado. PSOE e BNG comparten agora os sillóns da Casa do Concello. Empezamos un novo PXOM con promesas solemnes de participación e transparencia. Pero volvemos ás andadas. Pois ben, nós seguimos e seguiremos sempre onde estabamos: Nigrán non se vende, Monteferro non se vende!!!
Para ler integramente a breve nota de prensa, ver unha recreación virtual da desfeita proxectada e engadir ao final un comentario (é importante para nós que o fagades) non tedes máis que pinchar aquí.
Salvemos Monteferro!!!
Perante as lamentábeis declaracións do Presidente de SOGAMA
CANGAS DO MORRAZO: 8º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
Sábado 6 de Marzo:
Ás 21:00 h. no Centro Social A Tiradoura
Agardámosvos a tod@s!!!
Actuarán:
* Selegal Música tradidicional africana
* Lost Name Rap
* Codia e Miolo Teatro humorístico
* Chacarrandaina Música tradicional galega
* O neto de Manoel ….
Colaboración 3 Euros
Quando se cumpre um ano da chegada do PP ao goberno da Xunta, comprobamos que, como se esperaba, vamos de mal en peor. Os recursos naturais da nosa Terra continuan entregandose para servir aos intereses económicos das grandes empresas, cada vez dun xeito mais descarado.
Asfalto e formigón non son progreso. O tixolo e a marbellización do litoral galego non solucionan nada, senon están no cerne do problema. A acuicultura industrial destrúe a terra e o mar. Os recheos nas rías estragan a riqueza natural destas. A minaría a ceo aberto erosiona a biodiversidade e mata o medio rural. Os portos deportivos indiscriminados alteran as correntes e destrúen recursos pesqueiros… As políticas de destrución ambiental e social son absurdas e suicidas, por moito que haxa quen se lucre con elas.
O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:
MNIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO
aś 12:00 desde a Alameda.
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do terrtorio.
Pola soberania alimentaria e enerxética.
Por outro modelo de transporte.
Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod@s
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/





















Comentarios recientes
hace 4 días 11 horas
hace 1 semana 2 días
hace 1 semana 3 días
hace 1 semana 4 días
hace 2 semanas 3 días
hace 2 semanas 4 días
hace 2 semanas 4 días
hace 2 semanas 4 días
hace 3 semanas 1 día
hace 3 semanas 2 días