C.S.A das Atochas
2º Aniversario da casa
Sábado 13 e domingo 14 de marzo dende a hora de xantar (12.00 horas o sábado, 14.00 horas o domingo).
Seminario sobre Tiqqun
a) mércores 10 de marzo, 20:30h., Casa das Atochas:
Como introducción á análise do libro de Tiqqun Teoria del Bloom (2006), Javi Turnes, compañeiro da Universidade Popular de Corcubión, vai falar sobre “Da serenidade que provoca a urxéncia”.
b) mércores 24 de marzo, 20:30h., Casa das Atochas:
A modo de intro ao libro de Tiqqun Introducción a la guerra civil, Ignacio Castro, profesor de filosofia da universidad complutense, vai falar sobre “Odiando ao sesgo”.
Máis información:
http://quepasanacosta.com/tiqqun/
Ciclo de cinema de Ousmane Sembène
Martes 9 de marzo ás 20.30 horas proxección de A NEGRA DE… (Ousmane Sembène, La noire de…, Franza /Senegal, 1966, 65′, VOSG).
Dirección e guión: Ousmane Sembène. Fotografía: Christian Lacoste. Produción: Filmi
Domirev. Intérpretes: Mbissine Thérèse Diop, Anne Marie Jelinek. Duración: 65 minutos.
Considerado por moitos como a primeira película longa africana, obra do pai do cinema subsahariano, o senegalés Ousmane Sembène (1923-2007). Combinando técnicas narrativas realistas con elementos da narración tradicional africana, conta a historia dunha moza senegalesa que traballa como criada en Franza e que vive as ambivalencias entre unha suposta liberdade e unha cultura colonial que non soporta.
http://es.wikipedia.org/wiki/Ousmane_Semb%C3%A8ne
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/
A programación do Cineclube para a segunda metade de marzo estará ocupada por un ciclo sobre o director senegalés Ousmane Sembène. O ciclo, organizado en colaboración coa Casa das Atochas, vai desenvolverse entre as cidades de Santiago e A Coruña e nel poderá verse unha ampla retrospectiva do realizador, cos filmes A negra de…, O xiro postal, Xala, Moolaadé, Ceddo e O carreteiro. Ao longo do mes daremos información sobre o programa do ciclo, que incluirá ademais das proxeccións unha mesa redonda sobre Sembène.
Proxección Arrebato de Iván Zulueta
Domingo 7 de marzo ás 20.00 horas proxección de ARREBATO (1979).
Dirección e guión: Iván Zulueta. Producción: Nicolás Astiárraga P.C.
Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Eusebio Poncela,
Cecilia Roth, Will More, Marta Fernández-Muro. Dur.: 106 min.
José Sirgado, director de películas de terror, recibe unha cinta cunha
voz estrana e vagamente familiar. A escoita da súa narración o conducirá por un camiño sen regreso posible. Filme fundacional e irrepetible que baralla de modo extraordinariamente afortunado un estimulante cruce de elementos engarzados na íntima idiosincrasia de Zulueta, unha deslumbrante combinación de metacinematografía, vampirismo, discurso sobre a imaxe e a mirada, infancia, terror, disección da movida, (auto)destrucción e mórbidas sensacións humanas.
VO
Concerto Bitxo Bola e Furnier
Sábado 6 de marzo ás 20.00 horas concerto de BITXO BOLA (Ferrol, cantautor) e FURNIER (Compostela, hip-hop combativo).
Proxección/presentación Iván Z
Venres 5 de marzo ás 20.30 horas presentación a cargo do director, Andrés Duque, e proxección do filme IVÁN Z (homenaxe a Iván Zulueta).
Andrés Duque (Caracas, 1972), autor de Paralelo 10 (2005) ou Landscapes in a truck (2006), Duque é realizador na produtora Agosto, Máster pola Universitat Autónoma de Barcelona, e reside en territorio español desde o ano 2000. Videoartista con ampla experiencia, isto inclúe o seu periplo en Venezuela, onde estudou xornalismo e traballou na cadea HBO.
IVÁN Z
(España, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Andrés Duque. Produción: Estudios Pirámide. Duración: 52 minutos.
Rodada en solitario por Duque, o rexistro dun singular encontro do seu realizador co cineasta de culto Iván Zulueta que, locuaz, lúcido e con certa desazón, rompe o seu hermético silencio de anos. Lonxe da haxiografía exhaustiva, o traballo céntrase no universo creativo dun director clave na vangarda nacional que recrea os fetiches e obsesións do seu imaxinario. O diálogo que Duque establece con Zulueta e as súas películas compón un singular retrato que opera como xogo de espellos, facendo brotar o carácter autobiográfico da súa obra.
CANCELADA Presentación do libro Los pulsos de la intransigencia
Xoves 4 de marzo ás 20.00 horas presentación do libro LOS PULSOS DE LA INTRANSIGENCIA (as loitas contra a central Nuclear de Lemoiz, a autovía de Leizarán, e o pantano de Itoiz) CANCELADA.
A cargo do seu autor Juantxo Estebaranz.
actividade da Universidade Invisíbel en colaboración coas I Jornadas Galegas da Ediçom Independente.
As presentacións do libro terán lugar o venres 5 de marzo ás 17.00 horas na Biblioteca Anxel Casal (rúa Xoan XIII, s/n, Compostela) e o sábado 6 de marzo ás 20.00 horas na Cova dos ratos (rúa Romil, 3, baixo, Vigo).
Proxección/presentación 50 anos no andamio
Mércores 3 de marzo:
A partir das 20.00 horas
O DERRUBO DA CIDADE EN IMAXES
Proxección de videos de Ikiru, Galizacontrainfo e Ángel Rueda con motivo do derrubo dunha mazá de vivendas históricas en Atocha Alta
ás 20.30 horas presentación a cargo do director, Ángel Rueda, e proxección do filme 50 AÑOS EN EL ANDAMIO
50 AÑOS EN EL ANDAMIO
(España, 2008)
Dirección e guión: Ángel Rueda. Produción: Lili Films. Fotografía: José de Carricarte. Intérpretes: José María Pujalte, Rogelio Amigo, José Manuel Sande. Duración: 75 minutos.
A recuperación do filme El andamio, traballo de 1958, é tamén a historia dunha procura, a busca creativa de Rogelio Amigo e a dos autores deste documental á caza das claves e itinerarios do filme orixinal, así como as suxestións (entre elas a enorme reflexion sobre o urbanismo e a creación da riqueza na península) que a película de 1958 desprendía.
Jammin’ Resaca
Domingo 28 de febreiro ás 18.30 horas sesión aberta de música improvisada Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.
Teatro infantil e CANCELADO concerto de Skacha
sábado 27 de febreiro ás 12.00 horas contacontos infantil a cargo de Lora e MC.
CANCELOUSE O CONCERTO de SKACHA por problemas de sáude.
http://www.myspace.com/skacha
Palestra: a folga da construcción da CNT do ano 1933, a cargo de Eliseo Fernández
Entre agosto de 1932 e setembro de 1934 (aínda que con algunha interrupción), varios milleiros de traballadores coruñeses do sector da construcción levaron adiante unha folga reclamando a xornada de seis horas de traballo. O conflicto, un dos máis cruentos do período republicano, deuse nun momento de crise económica e incremento do desemprego. A solución proposta polos sindicatos da CNT coruñesa diante destes problemas foi a de propoñer a reducción da xornada e o reparto do traballo. Esta mobilización expresa a elevada conciencia social da clase traballadora coruñesa, forxada ao longo de máis de sesenta anos de ininterrumpido combate social e de formación cultural; ao cabo, o temor ao potencial das organizacións obreiras foi o motivo que levou á dereita ao organizar o golpe militar de 1936 a selvaxe represión que o seguiu.
Roteiro histórico sobre o barrio das Atochas
Saída do Campo da leña. Venres 26 de febreiro ás 19.30 horas roteiro histórico sobre o barrio das Atochas a cargo de Eliseo Fernández.
Máis información:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Eliseo_Fern%C3%A1ndez
INFORMASE NO CAMBIO NAS DATAS DO OBRADOIRO DE CONSERVAS
ÚNICO DÍA DO OBRADOIRO DE CONSERVAS.
XOVES 25 ÁS 20.00
Dará tempo a preparar uns poucos tarros que despois iranse comendo no xantador da casa os mércores.
A comida intentamos que sexa na medida do posible cultivada por nos ou reciclada (aberto e gratuíto)
Malabares e obradoiro de conservas
Ás 18.30 horas do martes Obradoiro de malabares.
OBRADOIRO DE CONSERVAS (aberto e gratuíto), xoves 25 de febreiro ás 20.00 horas.
Contra os derrubos- caceirolada
Porque non as van tirar en silencio. Van ter que escoitar o noso descontento. Hoxe, luns 22 de febreiro, ás 20.00 horas no cruce de Atocha Alta coa rúa da Torre.
Vídeos:
http://galizacontrainfo.blip.tv/file/3237562/
http://blip.tv/file/3243490
http://blip.tv/file/3244764
Xornadas acción directa: o feminismo sae a rúa
Sábado 20 de febreiro xornadas de acción directa feminista:
ás 14.00 horas xantar
16.30 horas Patricia Lorenzo de Chévere teatro presenta o proceso
creativo da peza Testosterona (falará dos obradoiros drag king que
fixeron coas mulleres do rural e vilas da Galiza).
17.30 horas presentación dos colectivos e das accións individuais ou
colectivas de acción directa feminista :
Lerchas (Ourense), Cafés feministas, Nomepisesofreghao, Transmaribolheras Precàrias e CS Gomes Gaioso (A Corunha), Assembleia de Mulheres (Vigo).
19.30 horas debate
21.00 horas Ceador
22.00 horas estou Festa, a música correrá a cargo DJANES e VJANES residentes e convidadas.
Domingo 21 de febreiro: xantar xuntas e accións na rúa.
Enlaces:
http://antilesbofobicos.blogspot.com/ (Santiago de Chile) http://nomepisesofreghao.blogaliza.org/ Nomepisesofreghao (A Corunha) http://mulherestransgredindo.blogaliza.org/
http://galiza.indymedia.org/gz/2007/11/13278.shtml
http://www.alasbarricadas.org/noticias/?q=node/1206 Mulheres Transgredindo (Compostela) http://medeak.blogspot.com/ Medeak (Donosti) http://redefeministagalega.blogaliza.org/
http://galiza.indymedia.org/pt/2009/11/21700.shtml Rede feminista galega (Galiza)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/revolta/2008/03/07/actividades_da_assembleia_de_mulheres_po Assembleia de mulheres (Vigo)http://maribolheras.blog.com/
Transmaribolheras Precàrias (Queerunha)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/c532/ CS Gomes Gaioso (A Corunha) http://lerchas.blogspot.com/ Lerchas (Ourense)http://www.lahaine.org/index.php?p=25195 Comando Scum (Barna)
Presentación/proxección O segredo da frouxeira
O venres 19 de febreiro ás 20.00 h presentarase a película-documental O segredo da Frouxeira do director Xosé Abad, que estará na Casa xunto co historiador Enrique Barrera, das asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, para falar da proxección e discutir temas relacionados coa Memoria Histórica en xeral. A película, dunha hora de duración, estreouse a finais do ano pasado.
http://www.osegredodafrouxeira.com
http://www.youtube.com/watch?v=c05q61dop3Q
Sinopse: Paulino Gasalla atopa por casualidade un pequeno paquete con recortes e recordos familiares. Impresionado polo seu descubrimento inicia unha investigación que lle levará a recuperar a memoria do seu tío avó, Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano en tempos, e tamén a desvelar o seu inxusto final e o de aqueles que foron asasinados con el.
O SEGREDO DA FROUXEIRA parte dunha situación particular para presentar o paralelismo entre unha historia familiar concreta coa Historia de boa parte do século XX español. Dous irmáns, Alejandro e Eliseo, separados por cuestións ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil provocarán unha ruptura familiar que chega ata o presente e que só pode reconstruír o esclarecemento dos feitos que levaron á morte a un deles.
A familia, que descoñecía ata hoxe o acontecido, enfróntase á reconciliación ou a unha ruptura definitiva como consecuencia desta investigación durísima contra as sospeitas e a incomprensión de moitos.
Do mesmo xeito as familias dos outros tres desaparecidos (Modesto del Río, Avelino Landeira e Jesús Miño) afrontan setenta anos de sufrimento e de búsqueda e seguen na procura dos restos destes homes. Ao través do documental os camiños paralelos destas catro familias se xuntan aportando unha novedosa perspectiva ao xeito de contar historias tan cercanas e tan esquecidas.
Autoformación musical: Pandeireta
Os xoves, a partires das 21.00 horas, facemos unha xuntanza para, entre tod*s, ir repenicando na pandeireta.
Xantar Impopular
Con ou sen cinza-non sei que será máis impopular-, o mércores 17 de febreiro tamén haberá que xantar. A partires das 13.00 horas.
E despois, a iso das 20.30 horas quedamos para a primeira xuntanza de Lecturas Comentadas. Desta vez, a idea é comentar o texto dos situacionistas que podes atopar en: http://www.sindominio.net/ash/is0804.htm
Jammin’ Resaca
Domingo 14 de febreiro ás 18.30 horas sesión aberta de música improvisada Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »





















Comentarios recientes
hace 3 días 1 hora
hace 1 semana 1 día
hace 1 semana 2 días
hace 1 semana 3 días
hace 2 semanas 2 días
hace 2 semanas 3 días
hace 2 semanas 3 días
hace 2 semanas 3 días
hace 3 semanas 4 horas
hace 3 semanas 1 día