- UL edita o libro “O atraso político do nacionalismo autonomista galego”
- Celebrando la dependencia: el maíz a las trasnacionales
- El lobby del cemento culpa al gobierno de la situación de sus empresas
- Desfeita incendiária atinge o Invernadoiro e ameaça a Serra do Courel
- A história envenenada dos agrotóxicos
Sindical
Asemblea da CGT da Coruña
Co punto único na Orde do Día de tomar acordos sobre a Folga Xeral convocada pola CGT para o próximo 29 de setembro, a CGT da Coruña celebrará unha Asemblea Xeral o próximo mércores, día 8, ás 19:30 horas, nos locais do sindicato.
Feira do Livro Anarquista
A CNT de Compostela organiza a Primeira Feira do Livro Anarquista de Compostela. Diferentes editoras livres e anarquistas do Estado Português e Espanhol estarão presentes com suas bancas de venda durante os dias 9 a 11 de Setembro. O evento terá lugar na Casa das Asociacións do bairro de Conxo, e contará con diversas actividades paralelas e complementárias.
Nova edição da CNT-Compostela
A CNT de Compostela vem de editar uma nova brochura. Trata-se de Feminismo, classe e anarquismo de Deirdre Hogan, militante anarco-feminista do RAG (Radical Anarcha-Feminist Group) da Irlanda. A brochura aborda a necessária relação entre conscientização feminista e conscientização de classe no caminho de libertação da mulher do sistema patriarcal, que tambem significa de todo Estado e de todo Poder.
Folga no SEAGA convocada pola CNT Forestal
Asemblea xeral CGT-Pontevedra
O próximo luns, 30 de agosto, a partir das 8 da tarde, terá lugar na sede do Sindicato de CGT-Pontevedra, en c/ Pasantería 1, a Asemblea Xeral do Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad Obrera” de Pontevedra-CGT, según acordo e convocatoria xa realizadas na anterior asamblea do Sindicato (28 xuño).
A orde do día inclúe:
- Cara á folga xeral do 29 de setembro
- Organización do Secretariado Permanente e representación no Comité das secciones sindicais.
Prégase puntualidade (¡non hai segunda convocatoria!) e, por suposto, a asistencia de todos, dada a importancia dos temas postos a debate.
Comité CGT-Pontevedra
Asemblea Xeral Extraordinaria do SLMV:
Por medio da presente convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo o vindeiro xoves día 2 de Setembro ás 18:30 horas no local do Sindicato ca seguinte orde do día:
1. Elección da mesa da Asemblea.
2. Preparativos da Folga Xeral convocada por CGT o 29 Setembro de 2010.
Agardamos a túa participación nesta Asemblea, fundamental no funcionamiento deste Sindicato.
Asemblea Xeral Extraordinaria S.O.V. Vigo:
Por medio da presente convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios de Vigo o vindeiro mércores día 1 de Setembro ás 19:30 horas no local do Sindicato ca seguinte orde do día:
1. Elección da mesa da Asamblea.
2. Preparativos da Folga Xeral convocada por CGT o 29 de Setembro de 2010.
Como saberás a CGT leva perto de dous anos, avisando do que se nos viña enriba co tema da “crise” , de como a patronal comezaba a sacar tallada da mesma coa extensión e multiplicación masiva dos ERE’s coa complicidade da clase política, e xa entón albiscabamos que os poderosos e propietarios querían facernos pagar a nós as consecuencias da súa corrupción e especulación. Por elo, xa en decembro de 2008 participabamos nunha manifestación en solitario denunciando esta situación a as inxeccións de cartos públicos á banca, para despois ir confluíndo con todos aqueles sindicatos e colectivos a prol dunha Folga Xeral que mudara a dinámica de recortes que se aveciñaba, liña definida no XVI Congreso Confederal (Málaga).
Os recortes comenzaron co tixereitazo e conxelación de pensións e os soldos na función pública, así como coa eliminación de outras medidas de carácter social. O goberno xa aprobou neste mes de xuño unha nova reforma laboral que supón un gravísimo retroceso nos nosos dereitos e unha mudanza no carácter das relacións laborais sen precedentes: bríndalle o despido máis sinxelo e barato aos empresarios, posibilita novos contratos con menos dereitos para os traballadores e máis subvencións ca nunca para a patronal, transforma en papel mollado a negociación colectiva mediante unha cláusula de inaplicación salarial daquelas empresas que acreditan unha disminución dos seus beneficios, flexibiliza as condicións de traballo ata a extenuación, podendo modificar substancialmente as mesmas por razóns empresariais ( xornada, quendas, sistema de renumeración, funcións, ……..) e, como colofón, abre a vía para privatizar os servizos públicos de busca de emprego.
Ante todo isto, e continuando na liña iniciada no 2008 por este Sindicato e a Organización no seus conxunto, pódese dicir que os tempos son chegados. Debemos parar xa esta escalada agresiva. Está convocada xa a Folga Xeral. E o noso papel nesta Folga, que ten o carácter de unitaria, é o de amosar con firmeza o noso rexeitamento visceral e apaixonado a este cúmulo de agresións salvaxes do capital, e plasmar e difundir as nosas alternativas ao conxunto da sociedade.
Agardamos a túa participación nesta Asemblea, fundamental no funcionamiento deste Sindicato, e especialmente neste tempo que nos toca vivir.
Atento y Telefonica se burlan de trabajadores y clientes
La CGT quiere denunciar públicamente la insostenible situación laboral que desde hace un mes están padeciendo más de 130 trabajadores de Atento Coruña, situación que está provocando numerosos trastornos de estrés laboral y ansiedad entre la plantilla.
Desde hace un mes estos trabajadores han sido obligados a atender, además de las gestiones y consultas de telefonía fija, las llamadas de los clientes “Pymes” de telefonía móvil de Telefónica-Movistar, llamadas recibidas a través del número 900.10.10.10. Los trabajadores no han recibido – en la mayoría de los casos- ningún tipo de formación específica para poder desempeñar correctamente su trabajo, provocando a su vez que la calidad de la atención a los clientes “Pymes” sea nefasta y nula.
Además de no tener formación, es vergonzoso que los trabajadores tampoco tengan acceso a las aplicaciones informáticas, herramienta imprescindible para garantizar una atención eficaz de las llamadas. Las llamadas recibidas en Coruña acaban formando parte de un simple archivo de texto, a la espera de que personal de otros centros de trabajo gestione las peticiones de los clientes (ventas, facturación, reclamaciones, etc.) Todo esto genera un clima laboral frustrante entre la plantilla, además de innumerables reclamaciones de los clientes que, llamada tras llamada, comprueban impotentes la pésima atención telefónica que les prestamos.
El pasado 10 de agosto, la CGT decidió convocar de urgencia al comité de empresa para exigir a Atento y Telefónica que paralicen la atención en Coruña de las llamadas de los clientes de “móviles-Pymes”, hasta que se imparta una formación profesional adecuada que garantice la seguridad y la salud de los trabajadores y una atención al cliente eficaz y de calidad. En ningún caso esta medida supondría que el servicio de “móviles-Pymes” quedase desatendido ya que se les seguiría atendiendo (como hasta ahora) en otros centros de trabajo donde sí tienen la formación y los medios necesarios para trabajar con corrección.
Dado que a Atento y a Telefónica no parece importarles lo más mínimo la gravedad de la situación (a pesar de solicitarles una solución urgente y satisfactoria para trabajadores y clientes, siguen dilatando y acrecentando el problema con demoras injustificables), hemos denunciado estos hechos ante la Inspección de Trabajo y estamos a la espera de que se tomen las medidas correctoras necesarias para evitar que esta situación se prolongue en el tiempo.
Conferência da AIT em León (Espanha)
Nos dias 13, 14 e 15 de Agosto teve lugar em “La Vecilla” León (Espanha) a Conferência da AIT (Associação Internacional de Trabalhadores) à que pertence a nossa CNT, intitulada “Trabalho precário, autodigestão e cooperativas”.
Mais de um cento de trabalhadores e trabalhadoras de todas as idades e de uma porção de países, estavam para além do nosso secretário da AIT, pertencente à NSF da Noruega,
companheiros e companheiras da ZSP da Polônia, eslovacos da PA, KRAS da Rússia, USI da Itália, SF de Inglaterra, FAU da Alemanha, CNT da França, SP de Portugal e a nossa CNT, mais tarde incorporaram-se os companheiros peruanos do periódico “Humanidad” e mandaram cumprimentos os companheiros da FORA argentina.
Non falta tanto para Setembro
Os canteiros de Cerdedo
Video: Entrevistas na Xira dos Caneiros.
Continúa a campaña
A CGT da Coruña continúa coa campaña informativa contraria á reforma Laboral que está a debatirse no Congreso. Elaborouse un novo folleto informativo, que recolle a novidades máis importantes e que se repartirá mañá, xoves, no barrio da Gaiteira coruñés.
O contido do folleto é o seguinte:
“Unha reforma para o despido
O pasado mes de xuño, o goberno do PSOE aprobou unha nova Reforma Laboral que supón unha gravísima agresión a todos os traballadores e que lesiona aínda máis os dereitos que tanto esforzo custou conseguir. As medidas aprobadas, que se están agravando no debate parlamentario son, resu-midamente, as seguintes:
Despidos máis fáciles e baratos:
• Nos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), redúcense os requisitos para demostrar as presuntas “situacións negativas” da empresa. Isto fará que suframos aínda máis EREs fraudulentos, que reducirán as indemnizacións de 45 a 20 días por ano traballado.
• Despidos que antes eran nulos (a empresa tiña que readmitir), agora son improcedentes (o traballador queda na rúa).
• Os preavisos de despido individual polas mesmas causas que nos EREs (económ-cas, técnicas, organizativas ou produtivas) redúcense de 30 a 15 días.
Perda dos dereitos dos traballadores nas empresas:
• As empresas poderán incumprir os salarios dos convenios colectivos de sector por petición do empresario, petición que será resolta por un laudo arbitral en caso de desacordo.
• Redución do período de consultas nos casos de traslados e de modificación substancial das condicións de traballo (xornada, horario, quendas, funcións, etc.)
• A xornada poderase reducir entre un 10 e un 70%, pasando parcialmente o traballador ao paro.
• As empresas terán máis fácil despedir por absentismo laboral, aínda que as ausencias sexan xustificadas.
• Inspección Médica desde o cuarto día de baixa.
• Posibilidade ás Mutuas de dar altas en enfermidade común.
Menos dereitos nas novas contratacións:
• Xeralización do contrato indefinido de 33 días de indemnización aos colectivos aos que antes non se podía aplicar. Isto supón a desaparición, na práctica, dos contratos con indemnización de 45 días por ano.
• Aumento na idade do contrato de formación. Poderase traballar ata os 25 anos cobrando o Salario Mínimo Interprofesional (673 euros ao mes).
Axencias de colocación e ETTs:
• Poderanse crear axencias de colocación con ánimo de lucro. Isto suporá a cesión a empresas privadas de funcións dos Servizos Públicos de Emprego.
• Autorízase a que as ETTs entren en sectores prohibidos ata agora: construción, minería, sondaxes, plataformas mariñas, explosivos e alta tensión, o que provocará un incremento na xa intolerable cifra de accidentes de traballo.
• As ETTs poderán entrar na Administración Pública, co que se fomentará o enchufismo e o amiguismo.
Bonificacións para os empresarios:
• Os empresarios abonarán 8 días menos por ano en cada despido. Esta bonificación será pagada polo FOGASA e reducirá os gastos empresariais para facilitar o despido.
• Redución de cotas da Seguridade Social e FOGASA nos novos contratos, incluídos os de formación.
• Creación do Fondo de Capitalización para contratos indefinidos, reducindo os importes que abonarán os empresarios en casos de despido, traslados e horas de formación. Os traballadores pagarán os seus propios despidos.
Non consintamos este novo ataque
Coa escusa da crise provocada polo propio sistema capitalista, coa complicidade dos políticos-monicreques nos distintos gobernos, os empresarios estannos roubando os poucos dereitos que temos e que lles arrincáramos en anos de loita. De agora en diante, o empresario fará o que lle pete en materia de contratos e despidos.
Só o enfrontamento directo dos traballadores opoñéndose a esta situación poderá facer que recuperemos o perdido. A mobilización, a solidariedade cos traballadores que loitan, a organización, a acción directa, foron e seguen sendo as ferramentas propias e máis eficaces da clase obreira, as que conseguiron os dereitos que nos pretenden arrebatar.
Agosto de 2010 – CGT da Coruña”
Oficialmente, Brais de novo nas listas
Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
Charla sobre a reforma laboral en Ferrol
A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.
XIV Fiesta de La Campana. Continúa la IV época del semanario anarquista
El sábado día 31 de julio celebraremos, por decimocuarta vez desde 1996, la Fiesta de La Campana, el “Semanario anarcosindicalista – Información y debate anarquista” pontevedrés.
Siguiendo la costumbre de las trece veces anteriores y nuestro natural alegre en cuanto estamos juntos, ese día charlaremos, comeremos, cantaremos … en fin, disfrutaremos entre compañeros y amigos a la sombra de los pinares del Merendero público O Castro, en el monte comunal de A Escusa, en Poio, a unos 10 km de Pontevedra. Allí estáis todos invitados, con los amigos y allegados. Hay abundantes mesas, sombras y lugar de esparcimiento para mayores y pequeños.
Nuestra ya larga trayectoria como revista anarquista semanal, abarca casi 30 años, tres épocas y más de trescientos números publicados: I Época: 24 números, todos en 1980; II Época: 1996 – 2004 y 240 número ordinarios y más de 30 extraordinarios y dossiers monográficos; III Época: 2004 – octubre 2005 y 28 números ordinarios, un dossier extraordinario y 3 cuadernos monográficos y, ahora, desde 2009, esta IV Época, que últimamente, por problemas puntuales derivados de la absorbente actividad sindical de los redactores habituales, no cumple rigurosamente con la periodicidad anunciada.
Os agradecemos que nos comuniquéis vuestra asistencia, para que no sobren en demasía las “provisiones” y mucho menos que falten. Todo indica que seremos unas 90 o 100 personas (media de los últimos años) y que el coste por adulto (los niños no pagan) se mantendrá entre los 10 o 12 euros. Podéis apuntaros a través del teléfono 627 791 645 o bien al correo electrónico: cgt [arroba] cgtpontevedra.com. Os esperamos. La Campana
Asemblea das traballadoras de Alfageme
O Comité de CGT-Arousa convoca a sección sindical da CGT da conserveira Alfagame a unha asamblea que terá lugar mañá, mércores, día 28 de xullo, na sede do sindicato en Vilagarcía (r/ Baldosa) para valorar o informe da Administración concursal e decidir a acción sindical nas próximas semáns.
O 23 de xullo remataba o prazo para que os administradores concursais de Bernardo Alfageme presentasen ó Xulgado do mercantil nº 3 de Vigo o seu preceptivo informe sobre a situación económica da empresa e recomendacións cara o futuro industrial. Dito informe foi entregado onte, 26 de xullo, ás organización personadas no procedemento concursal, entre elas a CGT.
Ante estes feitos e para valorar este importante documento -que confirma a posibilidade real de manter a produción conserveira na comarca arousán- a CGT de Arousa convoca a sección sindical da conserveira Alfageme a unha Asemblea, que terá lugar o mércores, 28 de xullo, nos locais do sindicato en Vilagarcía, en r/ Baldosa.
CGT-Arousa
Proxectos S.L. O discreto encanto da burguesia galega
Dende o sindicato de Ferrol queremos sacar á luz o caso da empresa Proxectos, un sector o das teleoperadoras que aínda garda reductos non deslocalizados (que palabro) no país, pois certos ámbitos como pode ser a administración non lles vai bonito un acento sudaca, co alto que sae o convenio por este lado do charco...
Campaña contra la Reforma Laboral
Dentro de la campaña general de la CGT contra la Reforma Laboral, la CGT de A Coruña ha decidido realizar diversos actos públicos en los barrios de la ciudad, distribuyendo información sobre lo que supone este nuevo desmán contra los derechos de los trabajadores. Así, comenzando por los barrios de Monte Alto y de As Conchiñas, se informará a los trabajadores y clases populares del alcance de las medidas aprobadas por el gobierno.
Dentro de esta campaña, se está distribuyendo una hoja informativa cuyo contenido es el siguiente:
“Unha nova reforma laboral para o despido
O pasado mes de xuño, o goberno do PSOE aprobou unha nova Reforma Laboral que supón unha gravísima agresión a todos os traballadores e que lesiona aínda máis os dereitos que tanto esforzo custou conseguir. As medidas aprobadas, que terán que pasar por un trámite parlamentario que as poden agravar, son, resumidamente, as seguintes:
Despidos máis fáciles e baratos:
• Nos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), redúcense os requisitos para demostrar as presuntas “situacións negativas” da empresa. Isto fará que suframos aínda máis EREs fraudulentos, que reducirán as indemnizacións de 45 a 20 días por ano traballado.
• Despidos que antes eran nulos (a empresa tiña que readmitir), agora son improcedentes (o traballador queda na rúa).
• Os preavisos de despido individual polas mesmas causas que nos EREs (económicas, técnicas, organizativas ou produtivas) redúcense de 30 a 15 días.
Perda dos dereitos dos traballadores nas empresas:
• As empresas poderán incumprir os salarios dos convenios colectivos de sector por petición do empresario, petición que será resolta por un laudo arbitral en caso de desacordo.
• Redución do período de consultas nos casos de traslados e de modificación substancial das condicións de traballo (xornada, horario, quendas, funcións, etc.)
• A xornada poderase reducir entre un 10 e un 70%, pasando parcialmente o traballador ao paro.
Menos dereitos nas novas contratacións:
• Xeralización do contrato indefinido de 33 días de indemnización aos colectivos aos que antes non se podía aplicar. Isto supón a desaparición, na práctica, dos contratos con indemnización de 45 días por ano.
• Aumento na idade do contrato de formación. Poderase traballar ata os 25 anos cobrando o Salario Mínimo In-terprofesional (673 euros ao mes).
Axencias de colocación e ETTs:
• Poderanse crear axencias de colocación con ánimo de lucro. Isto suporá a cesión a empresas privadas de funcións dos Servizos Públicos de Emprego.
• Autorízase a que as ETTs entren en sectores prohibidos ata agora: construción, minería, sondaxes, plataformas mariñas, explosivos e alta tensión, o que provocará un incremento na xa intolerable cifra de accidentes de traballo.
• As ETTs poderán entrar na Administración Pública, co que se fomentará o enchufismo e o amiguismo.
Bonificacións para os empresarios:
• Os empresarios abonarán 8 días menos por ano en cada despido. Esta bonificación será pagada polo FOGASA e reducirá os gastos empresariais para facilitar o despido.
• Redución de cotas da Seguridade Social e FOGASA nos novos contratos, incluídos os de formación.
• Creación do Fondo de Capitalización para contratos indefinidos, reducindo os importes que abonarán os empresarios en casos de despido, traslados e horas de formación. Os traballadores pagarán os seus propios despidos.
Non consintamos este novo ataque
Coa escusa da crise provocada polo propio sistema capitalista, coa complicidade dos políticos-monicreques nos distintos gobernos, os empresarios estannos roubando os poucos dereitos que temos e que lles arrincáramos en anos de loita. De agora en diante, o empresario fará o que lle pete en materia de contratos e despidos.
Só o enfrontamento directo dos traballadores opoñéndose a esta situación poderá facer que recuperemos o perdido. A mobilización, a solidariedade cos traballadores que loitan, a organización, a acción directa, foron e seguen sendo as ferramentas propias e máis eficaces da clase obreira, as que conseguiron os dereitos que nos pretenden arrebatar.
Xullo de 2010
EMPRESARIOS E POLÍTICOS, CÓMPLICES DESTA NOVA EMBESTIDA DO CAPITAL
CONTRA AS SÚAS AGRESIÓNS, CONTUNDENCIA NAS RESPOSTAS“





















Comentarios recientes
hace 4 días 1 hora
hace 2 semanas 5 días
hace 3 semanas 1 día
hace 5 semanas 2 días
hace 6 semanas 1 día
hace 7 semanas 2 horas
hace 7 semanas 10 horas
hace 8 semanas 1 día
hace 9 semanas 21 horas
hace 12 semanas 4 días