GNSV

Distribuir contenido
Actualizado: hace 4 mins 13 segs

O 42% da poboacion galega respira aire contaminado

Mar, 07/27/2010 - 14:03

Segundo o informe de Verdegaia e Ecologistas en Acción “A calidade do aire en Galicia durante 2009″, baseado en datos oficiais, polo menos o 42,7% da poboacion galega respira aire contaminado se se toman como referencia os valores límite de concentración de contaminantes no aire recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para a protección da saude humana, mais esixentes que os legais. O tráfico e algunhas industriais, nomeadamente as enerxéticas, son as principais causas de deterioracion da calidade do aire en Galicia. (more…)

Categorías: Ecoloxía

O resentimento de Touriño

Vie, 07/23/2010 - 00:04

O ex-presidente Emilio Pérez Touriño acaba de intervir no Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que se celebra en Pontedeume. E fíxoo da forma máis desafortunada posíbel: arrementendo contra Galiza Non Se Vende. Segundo o político xa retirado a rede GNSV xera inmobilismo, é dicir resistencia ao cambio, por non comprender a norma de protección da costa impulsada polo seu goberno. Asemade atrévese a insinuar que esta plataforma está ao servizo do Partido Popular. (more…)

Categorías: Ecoloxía

A orde pola que se convoca o novo concurso eólico, recorrida pola FEG

Jue, 07/22/2010 - 15:52

Vén de rematar o prazo aberto pola Xunta para que as empresas interesadas presenten solicitudes de parques eólicos ao abeiro do novo concurso eólico, que substitúe o anulado do bipartito. A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia, interpuxo no seu día un recurso contencioso administrativo contra a orde da Consellaría de Economía e Industria para a asignación de 2.325 MW eólicos, ao entender que conleva danos irreversibles sobre o medio ambiente galego. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Destrución a toda costa

Sáb, 07/17/2010 - 01:06

Greenpeace acaba de facer público  o informe anual sobre a calamitosa situación da costa española en xeral e da galega en particular

 Recollemos algúns dos resultados que a organización ecoloxista obtivo como resultado dunha exhaustiva análise dos máis de 8000 km. de litoral español. Recoñecendo que Galiza ten un litoral privilexiado admítese que non se adoptaron medidas de protección nos últimos anos e que as ameazas da última década levaron á nosa comunidade a padecer a maior recualificación do seu chan de toda a historia. (more…)

Categorías: Ecoloxía

O Goberno ve inconstitucional a Lei do Solo por invadir competencias na costa

Mié, 07/14/2010 - 01:15

O Executivo está disposto a levar ao TC catro preceptos, pero negocia coa Xunta

Á lista de conflitos institucionais entre a Xunta e o Goberno central hai que sumar un máis, esta vez motivado pola coñecida como Lei do Solo, cuxa última reforma foi aprobada polo Parlamento galego o pasado día 25 de marzo. O Ministerio de Medio Ambiente ve indicios de inconstitucionalidade en catro preceptos da norma por entender que a Xunta se extralimita nas súas funcións e interfere nas competencias do Estado en materia de costas -os cen primeiros metros a contar desde a ribeira do mar-. Entre esas “interferencias” figuran a capacidade da Xunta para autorizar determinados usos nas zonas de dominio público marítimo e a legalización de construcións levantadas sen licenza con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 e sobre as que non pese expediente algún. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Sábado 17 ás 19:00 Cadea Humana na depuradora do Lagares (Coruxo-Vigo)

Lun, 07/12/2010 - 11:32

CADEA HUMANA
¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!

SÁBADO DÍA 17 ÁS 19:00h, diante da depuradora de Coruxo.

Desde a Ría Non se Vende facemos un chamamento a tod@s @s compañeir@s das diversas luitas pola defesa do País para que vos sumedes a esta cadea humana que bordeará o perímetro da depuradora do Lagares como método de luita e denuncia, necesaria, ante a sociedade xa que :

* A situación de contaminación da ría de Vigo é dramática. A inexistencia dunha depuración eficaz está pondo en grave perigo o noso ecosistema máis importante: A Ría, cada día máis contaminada polos vertidos de augas residuais urbanas e refugallos industriais.
(more…)

Categorías: Ecoloxía

NARRATIVAS DIXITAIS Aguiño 2010 (13,14,15 xullo)

Sáb, 07/10/2010 - 17:31

Confraría de Aguiño , Asociación Sagres e ANPA Leliadoura

colaboran activamente co proxecto

AGUIÑO

NarraTIvas Dixitais

2010ecoarte

13, 14 e 15  xullo

www.ecoarte.info/narrativas/

Do 12 ao 15 de xullo en Aguiño no Salón da Confraría de Carreira Aguiño iniciarase o programa Narrativa Dixitais. Un proxecto que comezou a súa andaina en Cairú (Brasil) e continúa estes días en Aguiño. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Honduras: un ano do golpe, un ano de resistencia popular

Mié, 06/23/2010 - 23:25

Co gallo do cumprimento dun ano do golpe de estado, diferentes organizacións galegas promoven unha semana de solidariedade coa resistencia hondureña

Entre as actividades programadas destacan as proxeccións do documental “QUIEN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” en Ferrol, Compostela e Coruña

 Cando nos atopamos a pouco máis dunha semana para que se cumpra un ano do secuestro á institucionalidade democrática e a vontade popular en Honduras, diferentes organizacións sociais galegas poñen en marcha unha Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Concurso fotográfico

Mié, 06/23/2010 - 12:37

A rede de colectivos” A Ría Non se Vende” xunto coa Comisión veciñal de afectados pola depuradora do Lagares convocan o 1º concurso fotográfico :

“O ANTES E O AGORA DO HUMEDAL DO LAGARES”.

O Medio ambiente e o coñecemento do noso patrimonio natural e cultural é o protagonista deste certame. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Fomento, un ministerio reincidente

Dom, 06/13/2010 - 02:02

Por segunda vez o Ministerio de Fomento actúa á marxe da legalidade ao construír as rotondas sen contar cos permisos de Patrimonio

Hai dous anos o ministerio iniciou as obras de construción de dúas rotondas, con pasos subterráneos incluídos, á entrada do casco histórico da vila de Pontedeume. Como recolle a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza calquer obra que afecte a un ámbito declarado patrimonial este debe contar cos informes favorables da Consellaría de Cultura, mais o Ministerio de Fomento soslaiou este detalle. Daquela, o noso colectivo deu conta  á Dirección Xeral de Patrimonio da ilegalidade que se estaba a cometer e propiciou que se decretase a paralización das obras. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Contra a reforma da Lei do Solo

Vie, 06/11/2010 - 21:59

Galiza non se Vende, vén de poñer en marcha unha campaña contra a última reforma da Lei do Solo (Lei 2/2010, de 25 de marzo), aprobada hai dous meses e medio.

Este venres entregáronse, por rexistro e en distintas cidades do país, escritos dirixidos a diferentes  institucións co obxectivo de que, os organismos capacitados para facelo,  presenten un recurso de inconstitucionalidade contra esta lei.

Pedimos a súa suspensión polo Tribunal Constitucional porque entendemos que infrinxe moi gravemente a Constitución e o resto da normativa ambiental e urbanística (sentenzas do Tribunal Constitucional, Directivas Ambientais, Lei de Costas ou lexislación estatal).

Entendemos, por riba de calquera outra consideración, que esta acción pode ser unha das ultimas posibilidades legais de impedir a entrada en vigor dunha lei que tería terribles consecuencias.

Os documentos van dirixidos ao presidente do goberno español, á ministra de Medio Ambiente, ao ministro de Política Territorial e ao Defensor do Pobo, porque son as únicas persoas ou organismos capacitados legalmente para presentar ese recurso.

Denunciamos así as mudanzas claramente inconstitucionais e insostíbeis introducidas nesa lei, que persegue a marbellización do litoral galego e unha enorme desprotección e destrución do territorio. Un todo vale consensuado cos concellos que só reponde aos intereses dos promotores, construtores e multinacionais, así como doutros intereses privados.

O contido do documento presentado aos diferentes organismos podedes consultalo aquí.

Categorías: Ecoloxía

Luz verde á investigación en vía penal das escouras tóxicas da Ferroatlántica.

Mar, 06/08/2010 - 23:46

Verdegaia vén de recibir con satisfación a comunicación do auto no que o xulgado de instrución nº 3 de Compostela dá luz verde ás dilixencias previas do expediente relacionado coa vertedura das escouras canceríxenas no lugar da Brea en Carballo. O refugallo producido pola Ferroatlántica en Cee foise arrombando durante máis de sete meses por Desguaces Lema S.L. nunha antiga canteira con lagoas.Delito ecolóxico no rural, prevaricación nos despachos da Xunta (more…)

Categorías: Ecoloxía

As obras de acondicionamento da praia de Cedeira alteran o ecosistema do areal

Mié, 06/02/2010 - 15:04

Un ano máis no Concello de Cedeira inícianse as obras de presunto “acondicionamento” do areal da Magdalena de cara ao verán, sen ningún tipo de estudo de impacto ambiental e sen ter en conta os danos ambientais que supoñen. Nesta ocasión nin sequera se instalaron carteis indicando o propósito, a duración e o presuposto da obra. Hai que lembrar que o ano pasado as obras emprendidas pola Demarcación de Costas en Galicia, que duraron tres meses e contaron cun orzamento superior ao millón de euros, quedaron reducidas a nada en cuestión de días polos primeiros temporais do outono.Incluso foron prexudiciais para o propio areal, xa que se aportaron materiais como pedras de gran tamaño, restos de obra e vidros que estaban enterrados nas zonas de extracción e agora quedaron ao aire na liña de praia. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Celebramos a supresión do proxecto do Teleferico para a Cidade da Cultura en Compostela.

Vie, 05/28/2010 - 23:31

A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON CELEBRA A PARALIZACIÓN DEFINITIVA DO TELEFERICO POLO QUE SE INTENTABA UNIR A ZONA MONUMENTAL DE COMPOSTELA COA CIDADE DA CULTURA.

DENUNCIAMOS A IMPROVISACIÓN, FRIVOLIDADE E FALTA DE COMPETENCIA DO ALCALDE DE SANTIAGO, SANCHEZ BUGALLO, GRAN DEFENSOR DESTE PROXECTO, NON NATO DE FEISMO E QUE PUÑA EN PELIGRO A DECLARACIÓN DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE COMPOSTELA

Dende que a alcalde de Santiago, Bugallo, deu a coñecer o seu proxecto de montar un teleferico en Compostela a Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, levou adiante unha campaña cidadan de denuncia e sensibilización do que supuña este “espenpentico” proxecto, carente de minimo rigor e sensibilidade coa riqueza monumental de Santiago. (more…)

Categorías: Ecoloxía

O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010

Jue, 05/27/2010 - 13:56

A mediados do pasado mes de Abril, a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro “Galicia Spirit” que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e perigosa planta de Reganosa en Mugardos en Maio de 2007″. A xuíz considera que “os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves“.

Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , veu a asumir a responsabilidade xunto outras organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.

O Comité Cidadán denuncia publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.

O Comité Cidadán fixo un blogue onde se irá colgando todo o referente ao Festival:

http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/

Secuencia, ao encontro do “Galicia Spirit”, do documentario “O Salario do Silencio”, realizado por: Mabel Rivera e Enrique Banet.

 Fonte: http://www.youtube.com/user/Tximbalee

Enlaces de interese:

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotos]

Ártabra 21: O “Galicia Spirit” na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa
____________________

Categorías: Ecoloxía

A asociación do Parque cre que o edificio do Garañón afecta a zona verde

Jue, 05/27/2010 - 12:03

Estuda accións legais porque considera que o PERI non é instrumento apto para cambiar a cualificación

A Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro estuda cos seus asesores legais un perfil da polémica urbanización da unidade de actuación CS-5 (leira O Garañón) que cre que pode ter unha incidencia decisiva na evolución deste asunto. Entende este colectivo que o único edificio levantado ata o momento (aínda está sen acabar) podería estar parcialmente sobre unha franxa de terreo de dominio público cualificada como zona verde no PGOU. (more…)

Categorías: Ecoloxía

SÁBADO 29 DE MAIO ÁS 11::00h ROTEIRO POLA XUNQUEIRA DO LAGARES

Mié, 05/26/2010 - 15:10

Desde a RNSV   (rede formada por máis de 15 colectivos entre os que se atopa a Comisión viciñal de afectados pola depuradora do Lagares) queremos invitaros a tod@s a un roteiro polo humidal da  Xunqueira do Lagares, paraxe natural valioso,que  leva anos degradándose debido a instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos.A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.
  (more…)

Categorías: Ecoloxía

Roteiro pola defensa de Pico Vello

Lun, 05/17/2010 - 00:00

Os colectivos pola defensa da FRAGA DE PICO VELLO valora como un éxito o roteiro reinvindicativo que se realizou hoxe, tanto polo número de asistentes (120 en total), ós que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos distintos expertos informaron sobre divesrso temas

O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L.

(more…)

Categorías: Ecoloxía

Manifesto pola lingua

Dom, 05/16/2010 - 17:21

Con motivo do Día das Letras Galegas, dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensino do PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia.

 Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. (more…)

Categorías: Ecoloxía

Europa cuestiona a política ambiental galega das dúas últimas décadas

Dom, 05/16/2010 - 00:53

As súas denuncias poñen en solfa o interese real de Galicia en sanear e protexer as súas rías (more…)

Categorías: Ecoloxía