Unión Libertaria

Distribuir contenido
Na procura de espazos comúns para a acción anarquista na Galiza
Actualizado: hace 41 mins 34 segs

Video da bicicaravana

Hace 13 horas 37 mins

Xa chega a bicicaravana en defensa da terra!!!

Dom, 07/04/2010 - 23:50

A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gasoduto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitos os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respecte o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necesario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que formamos parte.

É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.

Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. É tempo de berrar e de pedalear!!!

Maribolheras: mani*festa*acçom 26 de junho de 2010

Vie, 06/25/2010 - 14:58

Participamos e apoiamos a convocatoria de Maribolheras Precarias en queerunha . Co lema “Melhor descontroladas que institucionalizadas ” a mani*festa*acçom sairá do campo de marte ás 20 h . Alí intentaremos estar…

Máis info: maribolheras

Video do roteiro por Pico Vello

Mié, 05/19/2010 - 17:13

Unión Libertaria participa no roteiro pola conservación da Fraga d’O Pico Vello

Jue, 05/13/2010 - 02:45

Unión Libertaria vai participar na marcha que varias entidades e colectivos veñen de convocar para o sábado 15 de maio pola zona de Pico Vello en Goente coa finalidade de chamar a atención sobre os serios problemas que carrexaría a instalación dunha mina de andalucita. O visto e prace para a instalación foi outorgado á empresa Picobello Andalucita polo goberno de Feijoó nunha nova manobra na que se poñen por diante intereses económicos e empresariais fronte aos estudos de conservación e impacto ambiental.

A retórica do capitalismo salvaxe e depredador pretende impoñerse unha vez máis fronte a quen defenden a conservación da natureza e a posibilidade doutro modelo político e económico que supere, dunha vez por todas, o modelo autodestrutivo do capitalismo globalizado responsable de tantas desfeitas e de tanto sufrimento nas guerras e conflitos que xera a instauración do egoísmo económico e do constante crecemento.

Unión libertaria participa nesta convocatoria para denunciar esta nova agresión na nosa comarca e pola defensa do espazo natural que comprende a zona de Pico Vello, as fragas do Eume e o río Belelle. Pero tamén como unha forma de loita que sirva para concienciar á sociedade sobre a imperiosa necesidade da superación do capitalismo nun momento no que, moribundo e en crise, trata de aferrarse máis que nunca aos seus propios principios destrutivos. Fronte a esta fuxida cara diante do capital, reclamamos a necesidade dunha sociedade nova, descapitalizada e verdadeiramente democrática,  na que o pobo tome o control e a responsabilidade do seu destino e na que se aposte pola desindustrialización e o decrecemento para facer posible unha sociedade máis xusta e libre que viva en equilibrio coa natureza. Levamos un mundo novo nos nosos corazóns.

Máis info:

reganosademolizon.org
galizalibertaria.org
picovello.blogspot.com