C.N.T

Distribuir contenido
Actualizado: hace 8 mins 58 segs

Oficialmente, Brais de novo nas listas

Mié, 07/28/2010 - 13:31

Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.

ler máis

Categorías: Sindical

Charla sobre a reforma laboral en Ferrol

Mar, 07/27/2010 - 19:46
Comezo: 29/07/2010 20:30 Comezo: 29/07/2010 20:30

A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.

ler máis

Categorías: Sindical

Proxectos S.L. O discreto encanto da burguesia galega

Vie, 07/23/2010 - 13:21

Dende o sindicato de Ferrol queremos sacar á luz o caso da empresa Proxectos, un sector o das teleoperadoras que aínda garda reductos non deslocalizados (que palabro) no país, pois certos ámbitos como pode ser a administración non lles vai bonito un acento sudaca, co alto que sae o convenio por este lado do charco...

ler máis

Categorías: Sindical

Apresentación do Paseo humorístico a través das relixións e os dogmas

Mar, 07/20/2010 - 15:18
Comezo: 22/07/2010 19:30 Comezo: 22/07/2010 19:30

 

Unha grande dose de ateismo e pensamento anti-relixioso é mais necesária do que nunca, agora que impregna a cidade o abafante ambiente ultra-relixioso imposto pola "festividade" cristiá do Apóstolo Santiago, nun momento no que a Igrexa decide celebrar durante un ano enteiro, ano que contará entre outras barbaridades coa visita do Pastor Alemán Ratzinger, ao tempo que debemos asistir à ofensiva católica contra às mulleres, contra a xuventude, contra as persoas que deciden ter sexualidade, contra as que deciden cando ter fill@s ou non tel@s... Por iso, a CNT de Compostela convida a todo aquel que goste do pensamento libre, à apresentación pública do libro "Paseo humorístico a través das relixións e os dogmas", que terá lugar este xoves 22 de Xullo, às 19:30, na Praza de Cervantes.

ler máis

Categorías: Sindical

I Xira Libertaria aos Caneiros

Lun, 07/19/2010 - 23:50

Tirado de Betanzos Libertario.

ler máis

Categorías: Sindical

Suso Pais xa vai pagando

Vie, 07/16/2010 - 19:06

 

Esta semana, a CNT chegou a un acordo co dono das cafetarias Conga e Literarios. Tras varios infructuosos intentos de comunicación, finalmente e tras a primeira concentración diante do bar “A Conga”, aviu-se a falar co sindicato.

ler máis

Categorías: Sindical

Suso Pais: Paga o que debes. Concentración na cafetaria A Conga

Jue, 07/08/2010 - 15:30

Esta mañá de xoves treboento, un piquete da CNT de Compostela concentraba-se nas portas da cafetaria A Conga, cafetaria na que o empresário progre Suso Pais lesiona continuamente os direitos d@s traballador@s. O dia amenceu treboento, pero para treboada a que tivo que aturar Suso Pais, dono tamén do Café Literarios, pois durante unha hora @s cenetistas informamos às boas xentes de Compostela e aos visitantes da cidade das prácticas anti-operárias deste empresário da noite compostelana, até que conseguimos que a clientela fose abandonando o estabelecemento e este ficase tan baleiro como as carteiras d@s empregad@s aos que Suso Pais non lles paga o que lles debe.

ler máis

Categorías: Sindical

Conflito con Iter Itineris

Mar, 07/06/2010 - 15:36

 

A CNT de Compostela entra en conflicto coa empresa Iter Itineris, empresa de turismo de aventura de Compostela, que traballa por toda a galiza.
Esta empresa ten o costume de pasar por riba dos xa exíguos direitos d@s traballadores/as do sector. A empresa obriga aos/as seus/as traballadores/as a facer xornadas de 14 e 16 horas por 50 € e a se desprazar sen direito a dietas, sen pagar os salários adebedando cantidades durante un ano enteiro (o xefe, por suposto, cobra todos os meses), encadea sucesivos contratos temporais fraudulentos...

ler máis

Categorías: Sindical

Boicot às cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s

Lun, 07/05/2010 - 19:18

 

En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.

Entre as diversas vulneracións aos direitos d@s traballador@s que practica o empresário das cefetarias Literarios e Conga destacamos:

ler máis

Categorías: Sindical

Video das protestas contra a reforma laboral

Mié, 06/30/2010 - 09:05
Categorías: Sindical

Crónica da manifestación contra a nova reforma laboral

Lun, 06/28/2010 - 15:32

Por volta de 150 persoas participaron na convocatória lanzada pola CNT da Galiza contra a nova reforma laboral. Iniciou-se a marcha desde a Alameda, encabezada por unha faixa contra a Reforma Laboral e os cortes aos direitos sociais por parte do PSOE.

ler máis

Categorías: Sindical

Proxeción de cinema operário e anarquista

Lun, 06/21/2010 - 12:24
Comezo: 22/06/2010 21:00 Comezo: 22/06/2010 21:00

 

A CNT de Compostela celebrará unha sesión de cinema ao aire libre o próximo martes 22 de Xuño. A proxeción será na Praza de Cervantes às 22:00.

ler máis

Categorías: Sindical

A CNT de Betanzos estivo na rúa

Sáb, 06/19/2010 - 09:27
tirado de Betanzos Libertario:

ler máis

Categorías: Sindical

Manifestación 26 xuño en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

Vie, 06/18/2010 - 09:25
Comezo: 26/06/2010 12:00 Comezo: 26/06/2010 12:00

Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha reforma das pensións que proxecta elevar a idade de xubilación até os 67 anos, ademáis de aumentar o número mínimo de anos necesários para poder aceder a unha pensión, ademáis de outros recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 26 de Xuño. A manifestación partirá da Alameda às 12:00, para rematar na Praza de Cervantes cun mítin no que falarán dous compañeiros da confederación galaica e Antonio Baena, ex-secretário de acción sindical da CNT estatal.

ler máis

Categorías: Sindical

Chamamento urxente á xente que traballa

Jue, 06/17/2010 - 23:13

O goberno aprobou unha reforma laboral que subvenciona o despedimento dos traballadores e traballadoras.

ler máis

Categorías: Sindical

Concentración ante a aprobación da nova reforma laboral

Jue, 06/17/2010 - 13:57

 

Onte, mércores 16 de Xuño, o governo do PSOE aprobaba por decreto unha nova reforma laboral, a mais abertamente neoliberal das seis que se levan aprobado desde a imposición da monarquia democrática. En resposta inmediata a CNT de Compostela realizamos unha concentración na Praza de Cervantes para protestar por este novo ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras e para informá-los do contido da reforma socialista.

ler máis

Categorías: Sindical

Proxeción de cinema operário e anarquista

Mié, 06/16/2010 - 20:01
Comezo: 22/06/2010 22:00 Comezo: 22/06/2010 22:00

 

A CNT de Compostela celebrará unha sesión de cinema ao aire libre o próximo martes 22 de Xuño. A proxeción será na Praza de Cervantes às 22:00.

ler máis

Categorías: Sindical

Concentración en Milladoiro: nen recortes nen reforma laboral

Mié, 06/16/2010 - 15:18

A tarde do Xoves 15 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE.

ler máis

Categorías: Sindical

Para a crise... orellas de burro

Mar, 06/15/2010 - 00:47

A apoloxía do actual estado de crise económica que o goberno “progresista” está a desenvolver contribúe a reafirmar unha idea ben clara de todo este proceso: a crise ten beneficiarios e culpables. A socialización da culpabilidade da situación económica compón o centro do discurso oficial, sen deixar ben claro quen foron os que motivaron ou propiciaron esta crise pero si outorgando a primeira responsabilidade aos traballadores do sector público e a poboación dependente dos servizos de cobertura social (pensionistas, nais, parados, etc).

ler máis

Categorías: Sindical

A FAU gaña o pulso ao estado alemán.

Dom, 06/13/2010 - 12:17

O pasado 10 de Xuño, polo Tribunal de Cámara de Berlín dictou-se a sentenza à revisión que a FAU Berlín tiña solicitado, ao lle ter sido proibido denominar-se e actuar como sindicato. O veredito foi favorábel e levantou-se a proibición à FAU de actuar como sindicato.

ler máis

Categorías: Sindical