axenda

[A Coruña] Actividades do 1 ao 8 de setembro CSO Casa das Atochas

Published in

Data: xoves 2 de setembro
Hora: 22.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

CINEMA NA RÚA. Proxección da curta A FLOR DE PIEL [A flor de pel] de
Kristina Garikano e Cristian Marín [2010] e do filme NI VIEUX NI TRAÎTRES [Nin vellos nin traidores] de Pierre Carles e Georges Minangoy [2005]
VOSP

Nin vellos, nin traidores é un documental sobre *s militantes de Action Directe. Móstranos a súa traxectoria política e as súas orixes en Barcelona, o paso polos MIL, GARI, polos grupos autónomos e a loita dos anos setenta.

Nos anos 70, anarquistas franceses loitaron ao carón d*s compañeir*s de Catalunya contra a ditadura franquista e o capitalismo. Apoiaron as folgas máis radicais e crearon a editorial Maio 37 para difundir textos marxistas, situacionistas, asemblearios e anarquistas.

Máis información e descargas:
http://vimeo.com/13908870
http://www.nodo50.org/rebeldemule/foro/viewtopic.php?f=4&t=5018

Data: venres 3 de setembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto de SKARALLAOS (Culleredo)
Ska - reggae - punk

Máis información:
www.myspace.com/skarallaos

Data: luns 6 de setembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

panfleto mural contra IKEA

Published in

Para imprimir en A3 apaisado en branco e negro e empapelar os anuncios de IKEA que últimamente abundan nas marquesinas do bus, postes para anuncios, etc. (polo menos na miña zona).

Podedes descargar o PDF aquí:
http://galiza.indymedia.org/gz/2010/08/23887.shtml

Imaxes do momento da inauguración no IKEA da coruña:
http://galiza.indymedia.org/gz/2010/08/23867.shtml
http://praxe.blogaliza.org/panfleto-mural-contra-ikea/

O texto en cuestión:

POR QUE NON VOU IR A IKEA

1) Ingvar Kamprad, fundador e presidente de IKEA, é un dos homes máis ricos do mundo.

OLIGOPOLIO... NADA NOVO.

2) É coñecido o seu pasado fascista polas cartas personais dun dirixente nazi que foron publicadas despois da súa morte. Foron denunciadas tamén actitudes racistas na empresa como evitar contratar a traballadores de orixen africana. A maioría dos altos cargos da compañía son procedentes da rexión onde creceu Kamprad (o presidente e fundador).

NAZIDEMOCRACIA... NADA NOVO.

[A Coruña] Actividades do 20 ao 26 de agosto CSO Casa das Atochas

Published in

Data: venres 20 de agosto
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto BLOODY PHOENIX (grindcore/Los Ángeles) e DESBROZADORA (noisegrind/Compostela)

Máis información e descargas:
http://www.myspace.com/bloodyphoenix1
http://www.myspace.com/desbrozadora

Data: sábado 21 de agosto
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto de PROXECTO MINAMATA (Iago Alvite e Rosendo J. Rocha), música libre, improvisación

Data: xoves 26 de agosto
Hora: 22.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

CINEMA NA RÚA. Proxección do filme LA ESTRATEGIA DEL CARACOL (A estratexia do caracol), Sergio Cabrera [1993]
VO

Unha morea de xente viviu tranquilamente nunha casa ocupada no centro de Bogotá durante anos ata que o propietario da mesma decide que chegou o momento de especular con ela.

Máis información:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_estrategia_del_caracol

ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas

RADIO LIVRE KRIME, se tes interese en facer un programa ou en axudar en xeral escribe a radiokrime@gmail.com

HORTA, interesad*s escribir a raquelosu@hotmail.com

LUNS
ás 20.30 horas ASEMBLEA ABERTA DA CASA
MARTES
NOVO! ás 21.30 horas LECTURAS COMENTADAS
MÉRCORES

noite dos encantos na furna, corme solidario co povo mapuche

Published in

27 de agosto a partires das 9 da tardiña

[A Coruña] Actividades do 10 ao 19 de agosto CSO Casa das Atochas

Published in

Data: martes 10 de agosto
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto ÉBOLA (Brescia-IT) e BUGGIRLD (Australia)

Máis información e descargas:
http://www.buggirl.net
http://ebolaultracore.splinder.com

Data: xoves 12 de agosto
Hora: 20.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

Presentación a cargo de dous membros da asemblea do CSOA Casas Viejas (Sevilla) e proxección do filme LONDRES NO ES SEVILLA (2010, Intermedia Producciones -Asamblea del CSOA Casas Viejas)

CASAS VIEJAS
NON SE RINDE
NON SE CALA
NON SE VENDE

Sevilla. O 29 de novembro de 2007, ás 8:00 AM, comeza o desaloxo do Centro Social Okupado e Autoxestionado Casas Viejas. Seis persoas anclan seus brazos ao edificio, dous delas nun tunel a catro metros de profundidade. Mentres no exterior, centenares de persoas maniféstanse nun derradeiro intento por impedir o desaloxo. Este documental é a crónica das 36 horas que durou o desaloxo do CSOA Casas Viejas.

Data: venres 13 de agosto
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

Festa, presentación dun cómic e concerto de MANO DE OBRA (A Coruña), CODIA (A Coruña) e DJ STEREOTÖPPFER (A Coruña)

Máis información e descargas:
http://www.myspace.com/codiacore

[CNT] Charla sobre a reforma laboral en Ferrol

Published in

cartaz_charla_ferrol_cores.jpg

A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.

O sindicato CNT vai comezar a campaña cunha serie de charlas en diversas localidades da comarca (Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume), sobre as consecuencias que a reforma laboral está tendo nas condicións de traballo da clase obreira. As conferencias estarán a cargo de Rita Giráldez, da Asesoría Xurídica da CNT de Compostela.

O primeiro acto da devandita campaña será a conferencia de Rita Giráldez "Cómo nos afecta a reforma laboral?", o vindeiro xoves, 29 de xullo, ás 20:30, no Centro Cultural Carballo Calero, de Ferrol.

Dende a Federación Local da CNT chamamos á poboación da cidade a asistir a estes actos para coñecer de primeira man as consecuencias que a reforma laboral terá nas nosas condicións de traballo. Entendemos que só coñecendo as implicacións da reforma laboral seremos quen de opoñernos con forza a esta e outras medidas, tan negativas para a clase traballadora.

Ferrol, 27 de xullo de 2010
Federación Local da CNT de Ferrol

[Pontedeume] Crianza sen escola no CSOA Casa da Estación

Published in

O vindeiro mercores, Marta, unha compañeira da Coruña comentaranos a sua experiencia educando o seu fillo sin asistir a escola, e dicir, ela mesmo e a sua parella o educan nos valores e ideas que eles creen o mellor para o seu fillo. Contara cun abogado para explicar o tema legal xa que temos que estar escolarizados ata os 16.

A hora de comezo sera as 20:00 e a entrada de balde no C.S.O. A CASA DA ESTACION

CRIANZA SEN ESCOLA E O BRAZO BOBO DA LEI

Apresentación do Paseo humorístico a través das relixións e os dogmas

Published in

Unha grande dose de ateismo e pensamento anti-relixioso é mais necesária do que nunca, agora que impregna a cidade o abafante ambiente ultra-relixioso imposto pola "festividade" cristiá do Apóstolo Santiago, nun momento no que a Igrexa decide celebrar durante un ano enteiro, ano que contará entre outras barbaridades coa visita do Pastor Alemán Ratzinger, ao tempo que debemos asistir à ofensiva católica contra às mulleres, contra a xuventude, contra as persoas que deciden ter sexualidade, contra as que deciden cando ter fill@s ou non tel@s..

Contra o Festival Aéreo de Vigo 2010

Published in

23664.jpg

Ao igual que en anos anteriores, pero cada ano máis grande, con máis visitantes e peor desde un punto de vista "civil"; a xente de vigo temos que sufrir a próxima fin de semana (a apoteose é o 18 de xullo) unha auténtica invasión do militarismo máis rancio e ao mesmo tempo máis moderno tecnlóxicamente. Esas maquiniñas que matan como en videoxogos en guerras como Iraq ou Afganistán, son en Vigo motivo de espectáculo e regocixo para deceas de miles de persoas que veñen de todas partes a desfrutar dos seu ruido infernal e as súas simpáticas cabriolas aéreas, como se non houbese aquí xente abondo que o pasa bomba con estes cacharriños de morte...sen ir máis lonxe o goberno bipartito PSOE/BNG por exemplo, en Vigo non precisamos un goberno do PP para que os exércitos sexan ensalzados aos altares como grandes símbolos da cidade.

E é que como tamén xa pasou o ano pasado, a maravillosa e pacífica Armada Española súmase á festa (relacionandoo vaia un a saber por qué co bicentenario da cidade... fragata de combate, buque Juan "Sebastián Elcano" e máis monstruos mariños para visitas guiadas e desfrute de nenos e maiores, ademais xura civil da bandeira para quen queira animarse e de seguro que hai cola...( http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=13828)

Enlace do festival aéreo:

[A Coruña] Actividades do 8 ao 14 de xullo CSO Casa das Atochas

Published in

Data: xoves 8 de xullo
Hora: 18.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

2ND SPAM FEST: exposición, teatro, concertos e ceador vegano

algunhas características do pensamento spam:
- a loita contra as tradicións, procurando a novidade e a liberdade.
- audacia e liberdade da forma.
- carácter experimental e a rapidez con que se suceden as propostas.
- o tempo cronolóxico non é de suma importancia, senón o tempo anímico.
- calquera idea é valida e ningunha é máis válida que outra.
- spam é liberdade, revolución, movemento.
- arte na rúa e en internet, aqueles lugares onde tod*s nós convivimos.
- compartimos os valores que o dadaismo o nihilismo e outras vangardas representan, en
relación as teorías sobre o espiríto comunitario e a subversión do suxeito.

Máis información:
http://proyectospam.wordpress.com/
http://www.myspace.com/nonameds

Data: sábado 10 de xullo
Hora: 19.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

PALESTRA VIXIANCIA E CONTROL. A LIBERDADE E AS NOVAS TECNOLOXÍAS
Analarizaranse as novas técnicas de control social como a intercepción dás comunicacións, a xeolocalización, a identificación, o rastrexo de transaccións, etc.

Data: luns 12 de xullo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas

[Ferrol] Programa da bicicaravana ao seu paso pola comarca

Published in

Este é o programa de actividades da Bicicaravana antipetroleira ao seu paso pola comarca de Trasancos.

[A Coruña] Actividades do 30 de xuño ao 7 de xullo CSO Casa das Atochas

Published in

Data: xoves 1 de xullo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atocha Alta

concerto RINUS VAN ALEBEEK (Holanda), GABRIELA VASKOVA (República Checa) e NICE GIRLS WHO BECAME PORNSTARS AND THEN MONSTERS (Ferrol/Asturies)

Poeta do ruido e da gravación de campo sen adulterar, Rinus van Alebeek visítanos con novas edicións en cassette e o seu directo conmovedor e abrupto, acompañado pola voz de Gabriela Vaskova.

Máis información e descargas:
http://zeromoon.com/rinus
http://rinusvanalebeek.wordpress.com
http://staaltape.wordpress.com
http://xedh.org/larraskito
http://xedh.org/doministiku
http://unamalapersona.wordpress.com

Data: venres 2 de xullo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atocha Alta

concerto BLACK PANDA (A Coruña) e URSUS (A Coruña)

Máis información:
http://www.myspace.com/barbarianpunx
http://www.myspace.com/blackpandakillers

Data: martes 6 de xullo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atocha Alta

concerto RAMMING SPEED (Massachusetts)

Máis información:
http://www.myspace.com/officialrammingspeed

ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas

RADIO LIVRE KRIME, se tes interese en facer un programa ou en axudar en xeral escribe a radiokrime@gmail.com

Manifestación 26 xuño en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

Published in

Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha reforma das pensións que proxecta elevar a idade de xubilación até os 67 anos, ademáis de aumentar o número mínimo de anos necesários para poder aceder a unha pensión, ademáis de outros recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 26 de Xuño. A manifestación partirá da Alameda às 12:00, para rematar na Praza de Cervantes cun mítin no que falarán dous compañeiros da confederación galaica e Antonio Baena, ex-secretário de acción sindical da CNT estatal.

O dia 16 de Xuño o governo do PSOE aprobou o decreto polo que se estabelece unha nova reforma laboral, a sexta desde o início da democracia. Se as anteriores se centraban en restar direitos aos traballador@s, esta procura a liberalización definitiva do mercado de traballo e o aumento de axudas por parte do Estado (que sairán d@s traballador@s, via impostos e retencións) para a clase empresarial.

Proxeción de cinema operário e anarquista

Published in


A CNT de Compostela celebrará unha sesión de cinema ao aire libre o próximo martes 22 de Xuño. A proxeción será na Praza de Cervantes às 22:00.

[A Coruña] Actividades do 17 ao 23 de xuño CSO Casa das Atochas

Published in

Data: xoves 17 de xuño
Hora: 20.30 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atochas

Proxección do filme ÜXÜF XIPAY (de Dauno Tótoro, Chile, 2004) e PALESTRA SOBRE AS LOITAS DO POBO MAPUCHE

Máis información:
http://www.solimapuches9.wordpress.com/
http://ceibo-producciones.blogspot.com/2006/04/xf-xipay-el-despojo.html

Data: venres 18 de xuño
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atochas

Concerto THE RIPPERS (L?Arboç) e SAMESUGAS (Compostela)

Máis información:
http://www.myspace.com/samesugas
http://www.myspace.com/ripperssp

Data: domingo 20 de xuño
Hora: 18.30 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres Livres, Atochas

SESIÓN ABERTA DE MÚSICA IMPROVISADA JAMMIN' RESACA

Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.

ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas

Distribuir contenido