laboral

Conflitos e loitas laborais, traballo, sindicatos...

Oficialmente, Brais de novo nas listas

Published in

Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.

Conflito con Iter Itineris

Published in


A CNT de Compostela entra en conflicto coa empresa Iter Itineris, empresa de turismo de aventura de Compostela, que traballa por toda a galiza.

Boicot às cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s

Published in

En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.

Concentración ante a aprobación da nova reforma laboral



Onte, mércores 16 de Xuño, o governo do PSOE aprobaba por decreto unha nova reforma laboral, a mais abertamente neoliberal das seis que se levan aprobado desde a imposición da monarquia democrática. En resposta inmediata a CNT de Compostela realizamos unha concentración na Praza de Cervantes para protestar por este novo ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras e para informá-los do contido da reforma socialista.

Este acto enmarca-se dentro dunha campaña da CNT contra a reforma laboral e os recortes sociais aprovados polo PSOE, que culminará o vindeiro dia 26 de Xuño, cunha manifestación en Compostela. Esta manifestación partirá da Alameda às 12:00.

Para a crise... orellas de burro

Published in

A apoloxía do actual estado de crise económica que o goberno “progresista” está a desenvolver contribúe a reafirmar unha idea ben clara de todo este proceso: a crise ten beneficiarios e culpables.

O sistema sindical tamén é o problema

Published in

Despois do lamentábel pero inevitábel ridículo vivido na xornada do 8 de Xuño, fai-se necesária una reflexión en torno a esta xornada, à reforma laboral que será aprobada a semana que ven, a situación que enfrenta a clase obreira e cal ten sido o papel dos sindicatos en todo este proceso.

Concentración en Bertamiráns: nen recortes nen reformal laboral



A tarde do sábado 5 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE. A primeira hora da tarde, cando os veciños de Bertamiráns comezaban a pasear polo mercado do centro da vila, @s militantes despregaron unha faixa alusiva ao tema e comezaron a repartir panfletos entre os veciños, informando de como o PSOE e o capital están a precarizar ainda mais a situación da clase traballadora, ao tempo que un compañeiro mitineaba polo altofalante sobre como o PSOE lanza todas as reformas anti-obreiras que lle dicta o capital e a clase empresarial, coa colaboración activa e desmobilizadora de CCOO e UGT, ao termpo que se chamaba à mobilización e à fogla xeral como única maneira de frear este novo ataque aos direitos dos traballadores e das traballadoras.

Nen recorte de direitos, nen reforma laboral


Via-se vir, os planos do governo para reducir o déficit público fan recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre traballador@s e pensionistas. As propostas económicas van encamiñadas a satisfacer à banca e à patronal, transixindo ante os desígnios neoliberais impostos pola UE.

A CNT apoia a convocatória de folga no ensino para o dia 21

Published in

A Federación Local de Compostela da CNT decidíu sumar-se á folga de ensino do dia 21 e á manifestación que se vai celebrar en Compostela en contra do "decretazo" e a prol do uso do idioma galego no ensino. É así que chamamos ao profesorado a secundar à convocatória de folga e a participar activamente da mesma, facendo parte da manifestación que sairá desde a Alameda compostelana às 12:00 da mañá do xoves 21.

Campaña contra a contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia

Published in


A contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia é unha práctica dolorosamente habitual. @s traballador@s que ocupan postos de traballo nas diferentes consellarias da Xunta subcontratadas por empresas privadas contan-se por milleiros.

Informáticos continúan a denunciar á Xunta

Published in

Ano novo e problemas vellos na Administración pública que se volve atopar con denuncias de informáticos, afiliados a este sindicato compostelano, por cesión ilegal de traballadores y contratación fraudulenta.

[CNT] Bombeir@s contra a privatización, Bombeir@s en loita


Unha vez mais o governo pon contra as cordas aos traballador@s a traves da privatización de servizos basicos. Privatización significa duas cousas: precarización das condicións laborais e reducción da calidade do servizo. A privatización significa que un servizo levado por profesionais sera enfocado coma un negocio; reduccion de planteis, horas extras... Pero nos bombeiros significa algo mais, significa por en risco a vida dos traballador@s e dos cidadans. Este e o proxecto da Xunto para os bombeir@s e para a sanidade e para todo aquelo que supoña un servizo cidadan, destruir o publico para poñelos en mans privadas (dos amigos, por suposto).

Por todo isto e pola dignificación duns profesionais que contan con persoal demasiado reducido, con materiais de traballo de antes do diluvio universal; un servizo con diferencias salariais entre os diferentes parques de moitos centos de euros.

Pola equiparación salarial, pola defensa dos servizos publicos, polo aumento de plantel e un verdadeiro investimento en materiais. Por todo isto se manifestaron hoxe os bombeir@s, e a CNT estivo alí representada pola seccion sindical dos bombeiros de Lugo e compañeir@s solidari@s.

Novas denuncias no Siega [Compostela]

Published in

Dous compañeiros informáticos do Siega adheridos a esta sección sindical da CNT veñen de denunciar á Consellaría de Educación e O.U. da Xunta de Galicia por cesión ilegal de traballadores.

Solidariedade co despedido de Ryanair en Zaragoza

Published in

Domingo 3 de Maio, meia dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela deslocamo-nos ao aeroporto de Labacolla, que é o aeroporto da cidade, para concentrarmo-nos perante as oficinas da compañia Ryanair.

Este acto realizou-se en solidariedade co compañeiro despedido en Zaragoza da Sección sindical da CNT en Ryainair.

Deixamos o aeroporto ben lindo con panfletos colados en toda canta coluna habia, repartimos 300 panfletos, desplegamos a faixa de solidariedade e despois de mais de unha hora dentro do aeroporto, fomo-nos embora.

Burguer King pagou o que debia

Published in

O conflito que o SOV de Compostela mantiña coa franquícia compostelá da multinacional Burguer King, dá-se por rematado ao acceder a empresa ao pago íntegro das reclamacións deste sindicato.

Distribuir contenido