Ourense contra a Lei Penal d@ Menor e cadeas de menores


social

O Luns, día 5 de xaneiro, ás:

** 16:00 horas no Cemiterio de San Francisco
** 17:30 horas no Centro Comercial Pontevella

A Comisión de Denuncia da Galiza contra a Lei Penal d@ Menor e a xestión autonómica dos Cárceres de Menores

A Lei Penal d@ Menor foi o primeiro punto de inflexión desta espiral de criminalización d@s nos@s nen@s. Desde que se aprobou no ano 2000 @s nen@s non son nen@s, senón menores, non hai que protexel@s, senón reformal@s, non van á cadea senón a un centro educativo, non sofren penas, senón medidas, nin sofren illamento, senón separación de grupo, cando lles golpean e lles baten non sofren torturas, senón rigor innecesario... e tantos e tantos outros eufemismos para esquivar a realidade: agora @s nen@s son consideradas perigos@s e hailles que aplicar penas e castigos para que modifiquen a súa conduta... Imponse o modelo político de incremento e endurecimento das penas (resposta carceraria) en detrimento das medidas de inserción social (resposta educativa).
Hoxe, día 5 de xaneiro do 2009, queremos denunciar que en Ourense tamén hai cárceres de nen@s, afastados do entorno social, xestionados por entidades privadas que tapan ventás e pechan portas para que non se vexa nin se escoiten os choros e os berros d@s nen@s criad@s pola propia sociedade. Queremos romper o silencio e:
- Denunciar o trato que se está dispensando @s nen@s e moz@s.
- Reivindicar que se deixe de utilizar o Código Penal como medio para solucionar os conflictos sociais d@s nen@s
- Rexeitar os cárceres de menores e os encerros como medida de castigo.
- Requerir que as medidas impostas pol@s xuízas e xuíces aos/ás nen@s e moz@s sexan executadas e xestionadas por un servizo público.
Reclamar que se considere @s nen@s e moz@s como seres en desenvolvemento polo que calquera medida debe executarse por, para e no entorno social no que deba insertarse.

http://denuncia.info
http://centrosdemenores.com