Informáticos continúan a denunciar á Xunta

Published in

laboral

Ano novo e problemas vellos na Administración pública que se volve atopar con denuncias de informáticos, afiliados a este sindicato compostelano, por cesión ilegal de traballadores y contratación fraudulenta.

Nesta ocasión, persoal informático da Consellería de Sanidade e tamén da Consellería de Medio Ambiente que se atopan nunha clara situación irregular.

O proceso non fixo máis que iniciarse e xa temos un compañeiro despedido nunha clara represión por exercer os seus dereitos laborais, polo que á denuncia anterior xa se incorporou outra polo seu despedimento.

Con estas novas denuncias, dase continuidade á traxectoria de denuncias por cesión ilegal de traballadores que tan frecuente é na Xunta, que en troques de crear emprego público de calidade subcontrata empresas por moito máis diñeiro para ter traballadores e traballadoras que trata como empregados propios e que na súa maioria están en precario.

Esta situación xa se demostrou no Siega (Informática da Consellería de Educación) onde todos os compas informáticos denunciantes obtiveron unha sentenza favorable que confirma o que xa semellaba unha evidente cesión ilegal de traballadores.

Así, namentres existan prácticas ilegais de contratación seguirá existindo a loita dos traballadores en defensa dos seus dereitos e condicións laborais... a que estás agardando ti?

O que hai que unir con estas denuncias anteriores, que seguen o seu curso:

Novas denuncias no Siega
Dous compañeiros informáticos do Siega adheridos a esta sección sindical da CNT veñen de denunciar á Consellaría de Educación e O.U. da Xunta de Galicia por cesión ilegal de traballadores. Estos compas desenvolven de maneira notable as suas tarefas no Siega desde fai anos estando en nómina de distintas empresas, a última delas a multinacional do sector TECNOCOM.

Nos vindeiros días, a sección sindical de CNT no Siega tentará encamiñar os seus esforzos a informar e dialogar sobre este particular tanto cos\as responsables da Xunta como co resto de compañeiros\as do Siega. Tamén poñemonos a disposición de tod@s para artellar solucións de futuro que contribúan á mellora tanto do servizo informático da Consellaría como das condicións dos\as profesionais informáticos\as que o sosteñen.

CNT-Galiza