- El Plan del Litoral admite industrias, marinas y ’spas’ en áreas protegidas
- El 30% de la energía de Andalucía proviene de energías renovables
- Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra
- Anarquistas y antifascistas atacan el Ayuntamiento de Jimki (Rusia) en defensa del bosque
- Paralizada la zanja contraincendios junto al petroglifo de Auga da Laxe
A CNT apoia a convocatória de folga no ensino para o dia 21
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios

A Federación Local de Compostela da CNT decidíu sumar-se á folga de ensino do dia 21 e á manifestación que se vai celebrar en Compostela en contra do "decretazo" e a prol do uso do idioma galego no ensino. É así que chamamos ao profesorado a secundar à convocatória de folga e a participar activamente da mesma, facendo parte da manifestación que sairá desde a Alameda compostelana às 12:00 da mañá do xoves 21.
Se chegamos a esta situación, despois de gastar cantidades millonarias durante anos en equipas de normalización, lingüistas de laboratório, campañas de fomento do uso do idioma galego, conferéncias, etc., entón algo grave está a pasar na cidadanía galega: nen máis, nen menos que aumenta a nosa capacidade para irmos cara o suicidio.
Do mesmo xeito que andamos a defender as rias, os bosques, os rios, as paisaxes, a explotación racional dos recursos naturais, tamén estamos pola defensa e ensino do idioma galego, para que non desapareza, pese a intervención continuada e desastrosa dos políticos.
A este respecto, lembramos que nengún político vai solucionar o problema da desaparición continuada do idioma galego, ben á vista está. É unha responsabilidade das xentes de Galiza, de ninguén máis.
E se decimos que ningún político vai amañar o asunto é porque durante a etapa do Governo PSOE-BNG, un membro da CNT, profesor substituto de Matemática no Instituto "Manuel Murguía" de Arteixo, foi sancionado, expedientado e expulso das listas de traballo por reclamar o cumprimento da lei, que non era outro que dar as áulas en galego cos correspondentes libros de texto en idioma galego.
Sabemos ben que con este Governo do PP a situación pode ir a pior, de feito xa crearon un novo problema nas aulas, nos Institutos, nos centros de ensino, entre o profesorado, todo a maior glória imperial.
Non agardamos nada deste Governo. Tampouco confiabamos no anterior. Este é un problema cidadán.
Amor e raiba
Perante a campaña que leva a cabo o governo do PP contra o Galego, a palabra que nos ven á mente é raiba contra o “decretazo” que atenta dunha maneira disconforme contra língua maioritária dos traballadores e traballadoras da Galiza.
Mais isto non é novo, é a continuidade da política lingüística levada a cabo desde a morte do ditador, dos governos sucesivos da direita continuando co “bipartito”, que non fixeron mais que abocar ao Galego a unha morte morrida, pois foi e segue a ser unha política de auto-complacéncia, que non resolve o problema principal, que é a perda contínua de falantes; e mesmo chegaron a secuestrar algún infome, que resultaba negativo para os seus intereses, como foi o caso da RAG no 2002.
A este respeito, lembramos que nengún político vai solucionar o problema da desaparición continuada do idioma galego, ben á vista está. É unha responsabilidade das xentes de Galiza, de ninguén máis.
E se decimos que nengún político vai amañar o asunto é porque durante a etapa do Governo PSOE-BNG, un membro da CNT, profesor substituto de Matemática no Instituto “Manuel Murguía” de Arteixo, foi sancionado, expedientado e expulso das listas de traballo por reclamar o cumprimento da lei, que non era outro que dar as áulas en galego coscorrespondentes libros de texto en idioma galego. Este compañeiro terá xuízo o dia 9 de Febreiro.
Sabemos ben que con este Governo do PP a situación pode ir a pior, de feito xa criaron un novo problema nas áulas, nos Institutos, nos centros de ensino, entre o profesorado, todo a maior gloria imperial
Fala-se continuamente nos meios de comunicación de conflitividade escolar e a Xunta con este decreto o que fai é botar unha bomba de reloxaria nos centros, en vez de fomentar a convivéncia e un ensino de calidade, abona-se o terreo a mais fracaso escolar, menor capacitación do alunado e mais manga ancha ao ensino privado que xa se leva mais da metade do orzamento de educación na Galiza.
A cuestión é introducir unha outra língua extranxeira no currículo das diferentes matérias (trilingüismo?), que primaria ao profesorado que dera aulas “en inglés” nos concursos de traslados. Supomos que esta toleria non pode ir adiante porque vulnera tamén leis e decretos estatais sobre o acceso a función docente.
O ensino o que ten que garantir é o coñecimento do galego para así poder decidir, se non se garanten as “competéncias lingüísticas” da nosa língua non hai de facto liberdade de uso: non se pode ser libre de decidir sobre algo que se descoñece.
O “decretazo” incumple sentenzas do TSXG e as própias leis feitas por eles: a Constitución, o Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística... e ademais introduz un factor perigoso que é o que os pais e nais decidan sobre a língua veicular do ensino e nas diferentes matérias.
Do mesmo xeito que andamos a defender as rías, os bosques, os ríos, as paisaxes, a explotación racional dos recursos naturais, tamén estamos pola defensa e ensino en idioma galego, para que non desapareza, pese a intervención continuada e desastrosa dos políticos.
Non se pode permitir esta nova agresión contra o Galego, temo-nos que opor a calquera política que contribua à marxinalización e desaparición do idioma da nosa xente, para que o uso do galego sexa habitual en todas as instáncias e non un obxecto de museu.
A CNT vai a folga porque estamos che@s de amor e raiba.





















60.000 persoas saen à rua contra o decreto sobre o galego no ens
Sesenta mil persoas sairon onte à rua para protestar contra o decreto polo que a Xunta de Feijoo pretende desterrar o galego do ensino e imposibilitar a educación nunha língua veicular própria do pobo. Nunha existosa xornada de folga, cun seguimento case total (en torno ao 90% do profesorado secundou o paro). A mobilización decorreu desde a Alameda até a praza do Obradoiro, na que foi a cuarta multitudinária marcha en defensa da língua galega desde que o PP ocupa San Caetano.
É de destacar a forte mobilización popular, tendo ficando claro que a demanda e o sentir da sociedade está moi afastado dos postulados que defende o PP, e semella clamoroso o concerto social ao redor da necesidade da defensa da língua galega, defensa que so será posíbel desde o pobo e para a que a acción dos políticos e governos ten sido nefasta desde os anos oitenta.
Hai que destacar que a protesta foi expresada pola case totalidade das centrais sindicais (aliás da CNT, CCOO, UGT, CUT, CIG e STEG), e por todo tipo de asociacións culturais, de veciños, de defensa da terra, a totalidade do tecido asociativo galego ergueu-se cunha soa voz, que foi expresada clara e firmemente: os galegos e as galegas queremos ser educadas en galego.

A CNT de Compostela participou levando con orgullo unha faixa alusivo ao carácter proletário do noso pobo o da língua na que se expresa, o galego, así como outra en referénica à represión e precariedade que impera no ensino galego, habendo casos de auténtico escándolo, como o do noso compañeiro Brais, sancionado e expulso das listas por reclamar o direito a dar aulas de matemática en galego e por ter denunciado a continuada presenza de corpos represivos nos centros de ensino.