Antimilitarista

O sangue de Afganistán tamén salpica en Vigo

Published in

sangue.jpg

sangue 2.jpg

sangue 3.jpg

O pasado mércores 10 de marzo pola tarde, o fíxose unha acción reivindicativa, tinxindo de vermello o auga da fonte do monumento aos mariñeiros na Gran Vía de Vigo, colocando unha faixa co lema "Fora tropas de Afganistán", e pegando nos arredores carteis informativos sobre a ocupación de Afganistán.

Esta acción, enmárcase nunha campaña contra a ocupación de Afganistán, e en xeral contra toda presencia de tropas españolas en conflictos internacionais.

O SANGUE DE AFGANISTÁN TAMÉN SALPICA EN VIGO

Tras a 'loita contra o terrorismo dos talibáns”—anteriormente aliados dos EE.UU— e a chamada 'reconstrución democrática' ocúltanse escuros intereses e realidades.

A lei de “Reconciliación Nacional” aprobada polo Parlamento no 2007, garante inmunidade polos crimes de guerra cometidos durante os pasados 30 anos, dando máis osíxeno aos 'señores da guerra' fundamentalistas para seguir adiante aprobando leis medievais nun parlamento mafioso.

Crónica e fotos do 60º Aniversario da OTAN en Vigo 4/04/09

Published in

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos.

Para chamar a atención da xente, montamos un xogo da Oca Militarista da Historia da OTAN, “de OTAN a OTAN e bombardeo porque me interesa...” O xogamos dúas veces con dúas belixerantes concursantes en cada ocasión, as casillas correspondían a feitos históricos desa organización que daba lugar a gañar ou perder puntos de guerra ou puntos de morte. Para descansar entre xogo e xogo tamén montamos o quebracabezas sobre as equivalencias do gasto en armas respecto a gastos civiles, “1 portaavións corresponde a 50 hospitais ou 500 escolas”, etc.

O acto foi entretido e a xente da rúa parouse bastante a ler sobre os feitos destacados da OTAN e a interesarse polos Gastos Militares no Estado Español.

CRONOLOXÍA DA OTAN

• 1949: Crease a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte).
• 1950: Plan de Defensa Integrada da área do Atlántico Norte, destinando á mesma axuda militar por valor de 900 millóns de dólares.
• 1951: Ingresan Grecia e Turquía.

OTAN Game Over 09, centos de detidos en Bruselas

Published in

Máis de 1.000 persoas participaron na marcha festiva para protestar contra a Alianza militarista, e máis de 300 foron detidos. Varios manifestantes lograron superar o primeiro perímetro de seguridade que protexe os edificios, pero algúns deles foron detidos antes de poder escalar o segundo peche.

Os arrestos son de tipo preventivo, segundo precisou a policía, que se prepara así para a que se lle ven enriba durante o cumio da OTAN, que celebrará en Baden e Estrasburgo durante o 3 e 4 de Abril no seu 60 aniversario.

O obxectivo da acción antimilitarista, bautizada igual que a do ano pasado «NATO Game Over» (OTAN, xogo rematado), era lograr entrar no recinto de seguridade, protexido por altos valados e aramados.

Os manifestantes opóñense ao escudo antimisís que se proxecta para Europa e reclaman o peche das bases militares de EEUU en solo europeo, a saida dos soldados da OTAN de Afganistán e a retirada de armas nucleares de Europa.

Máis Información:
http://www.antimilitaristas.org/spip.php?article4132

http://www.vredesactie.be/page.php?id=164

Distribuir contenido