galego

A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos


Tirado de cntgaliza.org:

A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.

Asi, esta sentenza elimina as seguintes faltas:

Modernidade


Modernidade.jpg

Publicado originalmente no #107 de A Micro Pechado, boletim da ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya)

A CNT apoia a convocatória de folga no ensino para o dia 21

Published in

A Federación Local de Compostela da CNT decidíu sumar-se á folga de ensino do dia 21 e á manifestación que se vai celebrar en Compostela en contra do "decretazo" e a prol do uso do idioma galego no ensino. É así que chamamos ao profesorado a secundar à convocatória de folga e a participar activamente da mesma, facendo parte da manifestación que sairá desde a Alameda compostelana às 12:00 da mañá do xoves 21.

BOTAI UNHA SINATURA VIRTUAL POR BRAIS ANTE O SEU INMINENTE XUIZO POR DAR AULAS EN GALEGO


O vindeiro Febreiro celebrara-se o XUÍZO POLO DESPEDIMENTO DO PROFESOR BRAIS, docente do IES Manuel Murguía de Arteixo despedido o pasado ano polo mero feito de reclamar que as aulas de Matemática se deran en galego (como correspondía por lei, decreto 124/07).

O sindicato CNT leva a cabo desde entón unha campaña de solidariedade consistente en recoller sinaturas de apoio para a sua readmisión nas listas de interinos e substitutos. Como remate das accións de solidariedade, e previamente ao xuizo, o sindicato CNT concentrara-se ás portas do Rexistro Xeral para facer entrega de todas as sinaturas recollidas.

Agradecemos-lle que se existisen no seu centro follas asinadas as puidesen envíar ao apartado 590 -15780 COMPOSTELA antes de Febreiro.

Tamén se pode asinar telemáticamente no web de CNT:
http://www.cntgaliza.org/?q=asinaPorBrais

Ao mesmo tempo, desde a CNT APOIAMOS A CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO PARA O PRÓXIMO 21 DE XANEIRO, e chamamos à participar activamente nesta xornada de loita.

Agradecendo de antemán a sua colaboración reciba un cordial saúdo.

Secretariado Xeral de CNT-Compostela.

Máis información do caso Brais en: http://www.cntgaliza.org/?q=node/771
Información dos actos en solidariedade en: http://cntgaliza.org/?q=casoBrais

[Video] Sem pêlos na língua: a impostura da imposição


Tirado de gzvideos.info:

Cultura Do País, associação cultural de Lugo, organizou a Quinta-feira 29 de Outrubro de 2009 o primeiro ato da campanha “Sem pêlos na língua: a impostura da imposição” que teve lugar na sala de atos da funadação Caixa Galiza da praça de Laica Maria às 20:00 horas, onde interviram Luís Villares Naveira, xuíz de instrução do partido judicial da Fonsagrada, e Brais De Estevan Bassave, profesor de ensino médio.

Asina pola reincorporación de Brais

Published in

Solicitamos a imediata reincorporación nas listas de interinos e substitutos do profesor de Matemática, Brais de Esteban Bassave, inxustamente despedido o 26/02/09 ao aplicar-lle a Addenda 11/07/06 firmada por CC.OO., CSIF e UGT, polo mero feito de reclamar no IES Manuel Murguía de Arteixo da Coruña, que as aulas de Matemática se deran en galego, como corresponde por lei, decreto 124/07. En este instituto a situación era tan autoritária que se permitia entrar á policia "de paisano" dentro das instalacións do centro.

http://www.cntgaliza.org/?q=asinaPorBrais

O Galego, língua proletária

Published in

O dia non era axeitado por duas razóns, chovia e as previsións da Mesa ficaban curtas, como acontece amiúde, pois o lugar escollido para remate da manifestación tiña que ter sido o Obradoiro, pois a cantidade de xente que habia era muita muitísima, 40-50.000?, mas aos do Bloque nunca lle saen as contas, e adoecen de confianza no povo e esquecen aquela máxima de Castelao “teñamos confianza no povo e moi logo o povo terá confianza en nós”. Lembramos ainda aquela data gloriosa en Decembro de 2003 da manifestación meirande de todos os tempos de "Nunca Mais", falaba-se de meio millón de persoas os que entón participaron e os do Bloque querian meter-nos na Quintana, tivemos que ser nós os da CNT, quen lle dixemos ao Pleno que ou enchiamos ao Obradoiro ou marchabamos para casa.

Distribuir contenido