liberdade

Adhesións ao manifesto que esixe a inmediata liberdade de Amadeu Casellas


Realizouse un manifesto en apoio e pola liberdade inmediata de Amadeu Casellas. Están a recollerse adhesións a este manifesto de dúas formas, unha onde se poden adherir colectivos, asociacións, sindicatos, etc,..., e por outra banda tambien recóllense adhesións a nivel individual. Para adherirse hai que enviar o nome do colectivo, asociación e demais á dirección manifiestoamadeu@nodo50.org. Se se fai de maneira individual a maneira de adherirse é a mesma hai que enviar unha nota de adhesión indicando o nome completo, DNI ou documento de identificación e a profesión.

MANIFESTO:

As abaixo asinantes, persoas, grupos, asociacións, organizacións, etc..., relacionadas coa vida social, cultural, sindical, política, dos dereitos humanos..., queremos pór en coñecemento dos máximos responsables da Consellería de Xustiza e da Direcció Xeral de Serveis Penitenciàris que, coñecendo a grave situación na que se atopa Amadeu Casellas Ramón, encarcerado no Centre Penitenciari de Quatre Camins e actualmente ingresado na Unidade Hospitalario Penal (UHP) do Hospital de Terrassa, por levar máis de 85 días en folga de fame, que veu sumando con alternas folgas de sede. Quixésemos chamar a súa atención para que se produza unha pronta solución de devandita situación.

Distribuir contenido